Cara una televisión educativa centrada no desenvolvemento global do neno: o caso de Pocoyó
A televisión educativa deseña os seus espazos ao servizo da intencionalidade didáctica. Procura a aprendizaxe dos telespectadores, respectando especialmente os seus trazos e necesidades específicas cando se dirixe á audiencia infantil. O propósito desta investigación céntrase en analizar os contidos...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis doctoral |
| Fecha de publicación: | 2015 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/13049 |
| Acceso en línea: | http://hdl.handle.net/10347/13049 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Materias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580101 Medios audiovisuales Materias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580104 Teorías educativas Materias::Investigación::61 Psicología::6104 Psicopedagogía::610402 Métodos educativos |
| Sumario: | A televisión educativa deseña os seus espazos ao servizo da intencionalidade didáctica. Procura a aprendizaxe dos telespectadores, respectando especialmente os seus trazos e necesidades específicas cando se dirixe á audiencia infantil. O propósito desta investigación céntrase en analizar os contidos educativos orientados ao desenvolvemento global do neno no programa de televisión destinado á etapa de Educación Infantil Pocoyó. Na procura dese obxectivo, elabórase unha análise de contido dos 104 capítulos da serie que conforman a totalidade das tempadas I e II. Obtéñense así uns resultados que reflicten un deseño como mínimo medianamente orientado á finalidade didáctica no 100% dos episodios, destacando o 70,19% dos mesmos por estar moi orientados. Deste modo, os tres actos do capítulo configúranse para que exista unha relación estreita entre a trama e o contido educativo en tódolos episodios, sobresaíndo a intensificación do contido educativo, a indución á reflexión e as mensaxes educativas explícitas como os principais mecanismos de transmisión. Así mesmo, as tres áreas que agrupan os contidos educativos teñen unha prevalencia superior ao 99% dos capítulos. Desenvolven unha media de 46,28 ítems por episodio, dos que 31,11 pertencen á educación emocional, a área predominante da serie. En conclusión, Pocoyó constitúe un modelo de televisión educativa para os programas destinados ao público na etapa de Educación Infantil. |
|---|