Cara una televisión educativa centrada no desenvolvemento global do neno: o caso de Pocoyó

A televisión educativa deseña os seus espazos ao servizo da intencionalidade didáctica. Procura a aprendizaxe dos telespectadores, respectando especialmente os seus trazos e necesidades específicas cando se dirixe á audiencia infantil. O propósito desta investigación céntrase en analizar os contidos...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Quinteiro Otero, Esther
Tipo de recurso: tesis doctoral
Fecha de publicación:2015
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/13049
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/13049
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Materias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580101 Medios audiovisuales
Materias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580104 Teorías educativas
Materias::Investigación::61 Psicología::6104 Psicopedagogía::610402 Métodos educativos
Descripción
Sumario:A televisión educativa deseña os seus espazos ao servizo da intencionalidade didáctica. Procura a aprendizaxe dos telespectadores, respectando especialmente os seus trazos e necesidades específicas cando se dirixe á audiencia infantil. O propósito desta investigación céntrase en analizar os contidos educativos orientados ao desenvolvemento global do neno no programa de televisión destinado á etapa de Educación Infantil Pocoyó. Na procura dese obxectivo, elabórase unha análise de contido dos 104 capítulos da serie que conforman a totalidade das tempadas I e II. Obtéñense así uns resultados que reflicten un deseño como mínimo medianamente orientado á finalidade didáctica no 100% dos episodios, destacando o 70,19% dos mesmos por estar moi orientados. Deste modo, os tres actos do capítulo configúranse para que exista unha relación estreita entre a trama e o contido educativo en tódolos episodios, sobresaíndo a intensificación do contido educativo, a indución á reflexión e as mensaxes educativas explícitas como os principais mecanismos de transmisión. Así mesmo, as tres áreas que agrupan os contidos educativos teñen unha prevalencia superior ao 99% dos capítulos. Desenvolven unha media de 46,28 ítems por episodio, dos que 31,11 pertencen á educación emocional, a área predominante da serie. En conclusión, Pocoyó constitúe un modelo de televisión educativa para os programas destinados ao público na etapa de Educación Infantil.