A configuración da imaxe dos liderados políticos con perspectiva de xénero na prensa escrita: temas, atributos e emocións

Este Traballo de Fin de Máster (TFM) analiza a configuración da imaxe de Pedro Sánchez, Yolanda Díaz, Isabel Díaz Ayuso e Alberto Núñez Feijóo como líderes políticos nos medios de comunicación. Centrándose nos artigos de opinión publicados nas versións dixitais de El País e El Mundo nos meses previo...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Aragunde Rey, Raquel
Tipo de recurso: tesis de maestría
Fecha de publicación:2025
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/42908
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/42908
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Liderado político
Xénero
Ideoloxía
Imaxe
Emocións
Artigos de opinión
Análise crítica do discurso
Descripción
Sumario:Este Traballo de Fin de Máster (TFM) analiza a configuración da imaxe de Pedro Sánchez, Yolanda Díaz, Isabel Díaz Ayuso e Alberto Núñez Feijóo como líderes políticos nos medios de comunicación. Centrándose nos artigos de opinión publicados nas versións dixitais de El País e El Mundo nos meses previos ás eleccións xerais de xullo de 2023, o seu obxectivo principal é explorar a influencia do xénero e a ideoloxía na representación de atributos, temas e dimensións emocionais asociadas a estes líderes. A investigación adopta un enfoque maiormente cualitativo, combinando a Análise Crítica do Discurso (ACD) con análise de contido interpretativa (mediante ATLAS.ti para codificación temática e atributiva) e análise lexicométrica da dimensión emocional (con LIWC). A mostra está composta por 24 artigos de opinión: 12 de El País e 12 de El Mundo. Os resultados revelan que o xénero e a afinidade ideolóxica son determinantes na configuración da imaxe dos líderes, así mesmo, obsérvanse claras diferenzas na crítica mediática dirixida a homes e mulleres, manifestándose en matices emocionais distintos e na atribución de roles que, no caso de Ayuso, desafían os estereotipos tradicionais. Ademais, confírmase unha forte polarización ideolóxica, onde os medios utilizan o enfado como ferramenta de confrontación para os adversarios e a contención emocional como lexitimación implícita para os afíns. Conclúese que os artigos de opinión son centrais no "xiro afectivo" da política, xa que temas, atributos e emocións se interrelacionan estratexicamente para moldear as percepcións públicas e a decisión de voto, demostrando que constitúen ferramentas fundamentais na configuración da imaxe do poder político na era dixital.