O éxito no liderado a través do estudo da autoeficacia no alumnado da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC
O liderado é a capacidade que ten un individuo de influír noutro ou nun grupo de individuos para lograr un ou varios obxectivos. Esta investigación pretende analizar o éxito no liderado dunha mostra de estudantes e examinar se a personalidade normal, avaliada mediante o modelo dos Big Five, pode pre...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis de maestría |
| Fecha de publicación: | 2025 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/39923 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/10347/39923 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Liderado Éxito no liderado Autoeficacia no liderado Personalidade normal Big Five Liderazgo Éxito en el liderazgo Autoeficacia en el liderazgo Personalidad normal Leadership Leadership success Leadership self-efficacy Normal personality |
| Sumario: | O liderado é a capacidade que ten un individuo de influír noutro ou nun grupo de individuos para lograr un ou varios obxectivos. Esta investigación pretende analizar o éxito no liderado dunha mostra de estudantes e examinar se a personalidade normal, avaliada mediante o modelo dos Big Five, pode predicir este éxito. Para realizar esta tarefa establecéronse catro obxectivos. O primeiro deles é o estudo do liderado mediante a avaliación da autoeficacia no liderado e do potencial percibido para o liderado. O segundo obxectivo é analizar a relación das dimensións da personalidade normal coa autoeficacia no liderado e co potencial percibido para o liderado. O terceiro busca coñecer a experiencia do estudantado en posicións asimiladas ao liderado, así como as súas percepcións sobre a relevancia de competencias relacionadas co liderado de éxito. Finalmente, estudar a relación do éxito no liderado con características sociodemográficas. Estes obxectivos pretenden alcanzarse mediante unha análise de correlacións bivariadas entre as variables propostas. Os resultados desta análise estableceron que a personalidade normal do alumnado pode predicir o seu futuro éxito no liderado. Tamén inflúen neste éxito as experiencias de liderado pasadas do estudantado, así como as súas percepcións positivas sobre liderado. Pola contra, as variables demográficas non teñen unha relación estatisticamente significativa co éxito no liderado a excepción do desempeño académico. |
|---|