| Sumario: | A Formación Non Regrada como obxecto de estudo ven sendo nos últimos anos un tema de gran interese en investigación, mais, non existen demasiadas achegas cando falamos da certificación da profesionalidade ou dos certificados de profesionalidade. Este foi a motivo polo cal decidimos indagar en torno a esta cuestión e realizar a tese de doutoramento en relación a esta temática. O noso obxecto de estudo está constituído pola vinculación que existe entre os certificados de profesionalidade e a inserción profesional, a reinserción profesional e/ou a mellora da empregabilidade. Trataremos pois, a través do mesmo, de realizar unha investigación acerca da inserción profesional producida a través dos certificados profesionais en Galicia no sector da Construción (edificación e obra civil) e outros sectores afíns (electricidade e electrónica; enerxía e auga; industrias extractivas; e madeira moble e cortiza). Para acadar este obxectivo xeral tratamos de avaliar a calidade das accións formativas que dan lugar a este tipo de certificacións, e de analizar tamén se este tipo de formación pode ou non axudar a inserción socioprofesional dos suxeitos.
|