O subsistema de Formación Profesional para o Emprego: os Certificados de Profesionalidade e a súa vinculación coa mellora

En España, unha importante porcentaxe da poboación activa non conta cunha acreditación recoñecida da súa cualificación profesional. En consecuencia, isto supón, para estas persoas, unha maior dificultade de inserción e permanencia no mercado laboral. Debido á importancia e gravidade desta problemáti...

ver descrição completa

Detalhes bibliográficos
Autor: Santamaría Queiruga, Olaya
Tipo de documento: tese
Data de publicação:2018
País:España
Recursos:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositório:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:galego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/18127
Acesso em linha:http://hdl.handle.net/10347/18127
Access Level:Acceso aberto
Palavra-chave:Materias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580107 Métodos pedagógicos
Materias::Investigación::58 Pedagogía::5802 Organización y planificación de la educación::580201 Educación de adultos
Descrição
Resumo:En España, unha importante porcentaxe da poboación activa non conta cunha acreditación recoñecida da súa cualificación profesional. En consecuencia, isto supón, para estas persoas, unha maior dificultade de inserción e permanencia no mercado laboral. Debido á importancia e gravidade desta problemática e co fin de ofrecer solucións a esta situación, créanse, dentro do marco da política común europea en materia de emprego, os Certificados de Profesionalidade. Estes certificados, con validez en todo o territorio nacional, acreditan de forma oficial as competencias profesionais adquiridas para o desenvolvemento dunha actividade laboral con significación para o emprego. Nesta tese de doutoramento centrámonos nos Plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas. Trátase dunha política activa de emprego que ten como obxectivo principal lograr a mellora da empregabilidade a través da oferta de formación que procura a adquisición, mellora e actualización permanente das competencias e cualificacións profesionais, co fin prioritario de potenciar a integración e reinserción das persoas traballadoras desempregadas no mercado laboral. O propósito deste traballo é avaliar o impacto, calidade e eficacia do Plan de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas na comarca de Santiago para o sector da construción. Trátase dunha investigación fundamentalmente descritiva na cal se analiza a inserción xerada por este tipo de formación, a calidade do proceso formativo e a adaptación da formación aos requirimentos do mercado laboral.