| Sumario: | A día de hoxe son múltiples e variadas as opcións formativas coas que contamos para formarnos á marxe da formación regulada. Unha destas alternativas son os Certificados de Profesionalidade, que en España se atopan regulados polo Real Decreto 34/2008, de 18 de xaneiro, e son o instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais no ámbito da administración laboral. A través do certificado de profesionalidade acredítanse oficialmente as competencias necesarias para o desenvolvemento dunha actividade laboral, recollidas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Os certificados teñen validez en todo o territorio español, mais é necesario ter presente, sen embargo, que estes non son equivalentes ás titulacións de formación profesional regulada. Non son títulos académicos, e polo tanto non dan acceso aos ciclos formativos e/ou estudos universitarios.
|