A representación do pobo galego a través da creación de personaxes de ficción das longametraxes cinematográficas
Comprender a imaxe, e máis concretamente a imaxe cinematográfica, como forma na que representarse e ser representados, como medio de comunicación e como mensaxe, alén de como práctica cotiá, devén na reflexión sobre a pegada que a creación audiovisual deixa no imaxinario colectivo e vencella o feito...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis doctoral |
| Fecha de publicación: | 2021 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/26344 |
| Acceso en línea: | http://hdl.handle.net/10347/26344 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Materias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6203 Teoría, análisis y crítica de las bellas artes::620301 Cinematografía Materias::Investigación::63 Sociología::6301 Sociología cultural::630105 Lengua y cultura Materias::Investigación::59 Ciencia política::5910 Opinión pública::591002 Medios de comunicación de masas |
| Sumario: | Comprender a imaxe, e máis concretamente a imaxe cinematográfica, como forma na que representarse e ser representados, como medio de comunicación e como mensaxe, alén de como práctica cotiá, devén na reflexión sobre a pegada que a creación audiovisual deixa no imaxinario colectivo e vencella o feito de facer e ver cine co construír da realidade social. Ao tempo, introdúcenos de cheo no debate sobre a importancia da visibilidade e na práctica da imaxe como resistencia cultural, nun contexto crítico especialmente interesante para o estudo da produción cinematográfica de sociedades-culturas periféricas como a galega. Así, dende a perspectiva dos estudos culturais, a conceptualización e análise dos cinemas e representacións nacionais, a tese procura determinar se o cinema de ficción realizado en Galicia ofrece unha imaxe estereotipada das galegas e galegos e trata de definir os riscos fundamentais da súa caracterización. |
|---|