Do amateur ao militante: implicacións políticas e estéticas do cinema en formato non profesional na Galiza dos anos 70
O cinema, cómplice e testemuña dos procesos históricos, adoita dar pasos de xigante en tempos de fractura. Na Galiza do tardofranquismo, nun clima de fonda axitación política e cultural, agroman novas expresións fílmicas que, botando man de formatos de gravación non profesional, acuñan por vez prime...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis doctoral |
| Fecha de publicación: | 2016 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/13850 |
| Acceso en línea: | http://hdl.handle.net/10347/13850 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Materias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6203 Teoría, análisis y crítica de las bellas artes::620301 Cinematografía Materias::Investigación::63 Sociología::6301 Sociología cultural::630101 Evolución cultural |
| Sumario: | O cinema, cómplice e testemuña dos procesos históricos, adoita dar pasos de xigante en tempos de fractura. Na Galiza do tardofranquismo, nun clima de fonda axitación política e cultural, agroman novas expresións fílmicas que, botando man de formatos de gravación non profesional, acuñan por vez primeira o termo “cinema galego”. O presente traballo de investigación procura, por primeiro, achegar unha clasificación tipolóxica das distintas iniciativas de filmación que, na década dos setenta, circulan a través dunha rede de distribución alternativa, composta por cineclubs, teleclubs, asociacións de veciños, parroquias, colexios ou locais sindicais. Desde o filme doméstico, destinado á perpetuación da imaxe da institución familiar, até a expresión militante, que procura un espectador activo e partícipe dos procesos históricos, pasando pola esfera estritamente amateur, que se move arredor de festivais e clubs de cinema afeccionado, procedemos á identificación e análise das principais iniciativas que compoñen a escena cinematográfica do momento. Logo do necesario labor taxonómico, a pesquisa centra o seu foco en tres colectivos de filmación que, ao longo da década, buscan asentar as bases para a creación dunha cinematografía propia para Galiza. A aproximación ao caudal creativo dos grupos Lupa, Imaxe e Enroba permítenos desenvolver un exhaustivo estudo de cadansúas filmografías, ao tempo que detectamos coincidencias e especificidades. A análise comparada dos tres colectivos en termos de estrutura organizativa, escollas formais ou posicionamentos fronte a unha posible profesionalización do sector, lévanos a unha síntese das distintas correntes de pensamento que se sitúan na cerna do cinema galego contemporáneo. |
|---|