O posesivo non concordado en galego e en castelán de Galicia como mudanza sintáctica en curso

[GAL] O presente artigo ofrece unha análise de dous tipos de pronome posesivo non concordado que son posibles en galego e no castelán de Galicia. Por unha banda, o coñecido avance do paradigma cara a estruturas nucleadas por un adverbio de lugar, do tipo de diante miña. Pola outra, o menos descrito,...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Silva Domínguez, Carme
Tipo de recurso: artículo
Fecha de publicación:2021
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/38369
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/38369
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Pronome posesivo
Frase adverbial
Mudanzas desde arriba/abaixo
Innovación sintáctica
Mudanza sintáctica
Interferencia sintáctica
Galego
Castelán de Galicia
Cambios desde arriba/desde abajo
Cambio sintáctico
Gallego
Castellano de Galicia
Possessive Pronoun
Adverbial Phrase
Chan¬ges from Above/from Below
Syntactic Innovation
Syntactic Change
Syntactic Interference
Galician
Galician Spanish
Descripción
Sumario:[GAL] O presente artigo ofrece unha análise de dous tipos de pronome posesivo non concordado que son posibles en galego e no castelán de Galicia. Por unha banda, o coñecido avance do paradigma cara a estruturas nucleadas por un adverbio de lugar, do tipo de diante miña. Pola outra, o menos descrito, mais tamén frecuente, posesivo carente de concordancia en locucións adverbiais de significado locativo e outras. Trátase de exemplos como ao lado súa e semellantes. A análise consiste nun baleirado dos corpus TILG, CORGA e CORILGA para o galego, ESLORA para o castelán de Galicia. Mediante eles dáse conta da cronoloxía do fenómeno e do poder explicativo dos seguintes factores no avance da innovación: a persoa gramatical, o tipo de adverbio ou locución adverbial, o grao de animación do ante¬cedente, entre outros. Arguméntase, así mesmo, en favor da interpretación da mudanza como cambio desde abaixo, e descríbense os dous intentos de operar un cambio desde arriba sobre a innovación. Finalmente, achéganse evidencias en favor da interpretación do cambio sintáctico como endóxeno e procúrase unha explicación novidosa do fenómeno peculiar que representa a selección do xénero feminino para a forma de posesivo en ambos os sistemas lingüísticos.