A práctica docente ao servizo dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e da axenda urbana. Cara á sostibilización curricular na Universidade de Santiago de Compostela
A transformación cara un modelo de desenvolvemento sostible que implica a Axenda 2030 das Nacións Unidas supón retos globais, nos que resulta necesaria a implicación de múltiples actores. A educación é un vector clave para formar cidadáns que consideren a sostibilidade e que a incorporen nos seus pe...
| Autores: | , , |
|---|---|
| Tipo de recurso: | artículo |
| Fecha de publicación: | 2025 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/45084 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/10347/45084 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Obxectivos de Desenvolvemento Sostible Axenda Urbana Aprendizaxe-Servizo Sostebilización curricular Innovación docente Sustainable Development Goals Urban Agenda Learning-Service Curricular sustainability Teaching innovation |
| Sumario: | A transformación cara un modelo de desenvolvemento sostible que implica a Axenda 2030 das Nacións Unidas supón retos globais, nos que resulta necesaria a implicación de múltiples actores. A educación é un vector clave para formar cidadáns que consideren a sostibilidade e que a incorporen nos seus perfís profesionais. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) presentan unha clara dimensión urbana, porque as cidades son lugares de oportunidades, mais tamén concentran os principais problemas sociais e ambientais. Tendo en conta o lema de non deixar a ningún lugar atrás, cómpre adaptarse a cada un dos territorios, sendo oportuno localizar os ODS. Nese proceso, a axenda urbana como instrumento de reflexión e planificación resulta de utilidade. Entre os actores locais, destaca o papel dos gobernos municipais e das universidades. No caso da universidade pode promover a sostibilidade tanto como actor social como a través das súas funcións tradicionais de docencia e investigación. Este artigo realiza unha achega á Axenda 2030 dende a dimensión docente. Así, baséase nunha experiencia de innovación docente universitaria orientada ao desenvolvemento sostible nunha materia do Grao en Economía. Trátase dun proxecto de aprendizaxe servizo, metodoloxía activa que consiste en aprender prestando un servizo á comunidade, centrada en coñecer a situación dos ODS en Santiago de Compostela no contexto da elaboración da súa Axenda Urbana 2030. Pode considerarse unha iniciativa de sostibilidade curricular dende abaixo cara arriba. Inclúese o desenvolvemento sostible na programación docente a través dos catro elementos centrais de competencias, contidos, metodoloxía e avaliación, en coherencia co enfoque holístico da educación para o desenvolvemento sostible. Ademais, trátase dunha experiencia cun percorrido de seis cursos académicos. Descríbese a experiencia e preséntanse os seus principais resultados, tanto dende a perspectiva da prestación do servizo á comunidade local, como da mellora na adquisición de coñecementos e de competencias transversais |
|---|