As enerxías renovables e a sostibilidade: claves de acceso ao benestar?
Neste artigo preséntase unha discusión teórica desde os enfoques da economía institucionalista e da economía da enerxía sobre os elementos clave da fortaleza das enerxías renovables para a consecución do benestar e da sostibilidade no medio e no longo prazo de cara a conseguir un reparto máis equita...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | artículo |
| Fecha de publicación: | 2021 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/42756 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/10347/42756 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Enerxías renovables Economía sostible Benestar Desenvolvemento sostible Energías renovables Economía sostenible Bienestar Desarrollo sostenible Renewable energies Sustainable economy Welfare Sustainable development |
| Sumario: | Neste artigo preséntase unha discusión teórica desde os enfoques da economía institucionalista e da economía da enerxía sobre os elementos clave da fortaleza das enerxías renovables para a consecución do benestar e da sostibilidade no medio e no longo prazo de cara a conseguir un reparto máis equitativo dos recursos e a garantir o propio sostemento do planeta Terra. A partir dunha metodoloxía fundamentalmente descritiva e de análise, expoñeranse diferentes posturas adoptadas a nivel mundial, sendo un dos seus obxectivos lograr unha redución da pobreza a partir da implementación de enerxías renovables. Tratarase de determinar, ou cando menos de explicar, cal é o custo deste avance para os países pobres, se é compatible co nivel mínimo de ingresos dos consumidores e se o custo deste sistema enerxético sostible é menor que o do sistema tradicional de recursos fósiles. Como conclusión, a adopción de prácticas enerxéticas sostibles e de base renovable preséntase como unha oportunidade de desenvolvemento para as rexións máis desfavorecidas, sempre que estas sexan consideradas desde unha estratexia de actuación integral e que contemplen vías alternativas de financiamento. |
|---|