Cambio lingüístico en tempo real no léxico dispoñible do galego: a alimentación

Este traballo ten como finalidade contribuír a aumentar o coñecemento sobre o cambio lingüístico no léxico dispoñible do galego a partir da análise de datos do ámbito léxico da alimentación. O obxectivo fundamental desta investigación é coñecer as mudanzas que se observan entre dúas mostras de léxic...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Lago Caamaño, Clara
Tipo de recurso: tesis doctoral
Fecha de publicación:2024
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/39598
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/39598
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:léxico dispoñible
alimentación
cambio lingüístico
galego
570510 Sociolingüística
570504 Lexicología
Descripción
Sumario:Este traballo ten como finalidade contribuír a aumentar o coñecemento sobre o cambio lingüístico no léxico dispoñible do galego a partir da análise de datos do ámbito léxico da alimentación. O obxectivo fundamental desta investigación é coñecer as mudanzas que se observan entre dúas mostras de léxico dispoñible recollidas en 2008-2008 e en 2020-2021 e comprobar se algunhas das diferenzas que se rexistran gardan relación con cambios nos hábitos alimentarios. A metodoloxía que empregamos fundaméntase na documentación e análise das diferenzas que se observan entre as dúas mostras, cuxos datos foron obtidos a partir de probas de asociación libre realizadas a alumnado de 2º de bacharelato da provincia da Coruña. Tomamos como punto de partida as enquisas realizadas para o proxecto do Léxico dispoñible do galego (López Meirama & Álvarez de la Granja 2014) e reproducimos a metodoloxía deste proxecto para obter datos comparables. A análise cualitativa e cuantitativa da información rexistrada en ambas as mostras achegará información sobre a estabilidade do léxico dispoñible nun período de tempo breve, permitirá coñecer mellor a influencia do contexto no léxico que se rexistra nos cuestionarios e contribuirá a esclarecer aspectos relacionados co léxico dispoñible nunha lingua en situación de contacto para a que non hai moitos traballos previos sobre o tema.