Viaxe pola Bretaña de Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro é un autor central en moitos aspectos dentro do campo lite- rario galego, e desde logo tamén o é cando se fala das relacións da cultura galega coa Bretaña continental. Mais este é un campo que non percorre en solitario, desde que Ramón Cabanillas iniciara a apropiación da materia da...

Full description

Bibliographic Details
Author: Lama López, María Xesús
Format: book part
Status:Published version
Publication Date:2020
Country:España
Institution:Varias* (Consorci de Biblioteques Universitáries de Catalunya, Centre de Serveis Científics i Acadèmics de Catalunya)
Repository:Recercat. Dipósit de la Recerca de Catalunya
OAI Identifier:oai:recercat.cat:2445/218265
Online Access:https://hdl.handle.net/2445/218265
http://hdl.handle.net/2445/218265
Access Level:Open access
Keyword:Galícia
Bretanya (França)
Viatges literaris
Literary journeys
Brittany (France)
Galicia
Description
Summary:Álvaro Cunqueiro é un autor central en moitos aspectos dentro do campo lite- rario galego, e desde logo tamén o é cando se fala das relacións da cultura galega coa Bretaña continental. Mais este é un campo que non percorre en solitario, desde que Ramón Cabanillas iniciara a apropiación da materia da Bretaña co seu longo poema épico Na noite estrelecida (1926). A intención do poeta das Irmandades, dirixida a dotar a literatura galega dunha tradición narrativa culta da que carecía, estaba en conexión coa xa longa elaboración do mito da orixe celta, que asentaba os alicerces no século xix para reclamar a irmandade con outras culturas atlánticas e introducía por primeira vez os materiais artúricos medievais como un corpus de tradición culta derivado das fontes celtas orais 1 . Esta é a idea que retomará Cunqueiro nas súas primeiras novelas galegas, fusio- nando outros precedentes da xeración que o antecede, como o Castelao de As cruces de pedra na Bretaña (1930), que probablemente lle serve de guía incon- fesada para as alusións a algúns cruceiros e outros elementos de microtoponi- mia que aparecen diseminados na súa obra. A liña cronolóxica desta fecunda relación intercultural continuará con outros autores posteriores, entre os cales non se pode deixar de mencionar a Méndez Ferrín coa densa e complexa novela Bretaña, Esmeraldina (1987), que establece pola súa vez un interesante diálogo coa obra de Cunqueiro, así como con algúns dos seus relatos máis temperáns, tales que «Percival» (1958) e «Amor de Artur» (1981). Un camiño cheo de retos para as moitas primaveras que sen dúbida esperan aínda aos estudos das relacións entre Galicia e a Bretaña.