A participación infantil municipal en Galiza: percepcións e escenarios de oportunidade na construción de cidadanía

A construción histórica das representacións sociais das infancias nas sociedades occidentais repercutiron na súa consideración como cidadanía, delimitando o tipo de relacións que se espera delas coas sociedades e entre as distintas xeracións. As sucesivas transformacións sociais, políticas, educativ...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Riádigos Couso, Xabier
Tipo de recurso: tesis de maestría
Fecha de publicación:2022
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/30455
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/30455
Access Level:acceso abierto
Descripción
Sumario:A construción histórica das representacións sociais das infancias nas sociedades occidentais repercutiron na súa consideración como cidadanía, delimitando o tipo de relacións que se espera delas coas sociedades e entre as distintas xeracións. As sucesivas transformacións sociais, políticas, educativas e culturais nas últimas décadas deron lugar a novas cidadanías; alentadas, en parte, pola inclusión progresiva na vida pública das nenas, nenos e adolescentes a través da súa participación e acción cidadá. Así, o obxectivo principal desta investigación céntrase en analizar os marcos representacionais dos axentes socioeducativos implicados respecto da cidadanía das infancias, así como examinar os escenarios de oportunidade para a participación de nenas, nenos e adolescentes nos municipios colaboradores no estudo (Moeche, Tomiño e A Coruña). Dada a natureza cualitativa desta investigación, óptase por un estudo de caso múltiple no que se analizan os tres concellos caracterizados por unha acentuada experiencia en participación infanto-xuvenil. A información recolleuse mediante entrevistas en profundidade (8), grupos de discusión (4), obradoiros participativos (2), un cuestionario previo á realización do segundo obradoiro e análise de documentación. Os principais resultados acadados poñen de manifesto: a) a existencia de dúas posicións claramente marcadas en canto ás representacións das infancias, a súa cidadanía e participación no ámbito local; b) os órganos municipais como escenario dominante nos que as formas de participación oscilan entre a proxectiva e a consultiva; c) os efectos e as incidencias da participación infantil inciden en tres niveis: sobre as infancias, na comunidade e, en menor medida, na gobernanza municipal. As conclusións evidencian a necesidade de seguir avanzando na construción de estratexias conxuntas para promover cambios nas mentalidades compartidas socialmente sobre as infancias –como actores sociais con capacidades–, así como ampliar as oportunidades e escenarios para que estes colectivos poidan exercer o dereito á participación e situalo no centro das políticas públicas locais