Towards the industrial-scale valorization of food industry effluents into volatile fatty acid

A valorización de correntes residuais e subprodutos para a obtención de recursos permite, de forma simultánea, a minimización dos residuos e a xeración de produtos con valor engadido, fomentando un sistema baseado na economía circular onde as correntes residuais se transforman en novos produtos. Est...

ver descrição completa

Detalhes bibliográficos
Autor: Casero Díaz, Tamara
Formato: tesis doctoral
Fecha de publicación:2025
País:España
Recursos:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:inglés
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/43810
Acesso em linha:https://hdl.handle.net/10347/43810
Access Level:acceso abierto
Palavra-chave:anaerobic fermentation
industrial effluents
resource recovery
volatile fatty acids
230212 Fermentación
230211 Ácidos grasos
2391 Química ambiental
Descrição
Resumo:A valorización de correntes residuais e subprodutos para a obtención de recursos permite, de forma simultánea, a minimización dos residuos e a xeración de produtos con valor engadido, fomentando un sistema baseado na economía circular onde as correntes residuais se transforman en novos produtos. Este enfoque encaixa coa produción de ácidos graxos volátiles de cadea curta - AGV- a partir de correntes residuais da industria alimentaria para a súa aplicación no sector industrial. Os AGV, como o ácido acético, propiónico, butírico e valérico e os seus isómeros ramificados, presentan unha elevada demanda de mercado e poden empregarse como axentes microbianos e/ou reactivos químicos de ampla aplicación en sectores como o químico, cosmético ou alimentario, onde o ácido propiónico e o butírico se utilizan como conservantes tanto en alimentos como en pensos. Ademais, poden ser transformados en compostos de maior valor engadido, como os ácidos orgánicos de cadea media.