Estratexias de inscrición das sensibilidades queer na filmografía de ficción de João Pedro Rodrigues: o caso de Fogo-fátuo (2022)
O desenvolvento dun cinema especificamente queer a partir dos anos 90 rompeu coa política esencialista e identitaria que dominaba os filmes gais e lésbicos das décadas anteriores. O “new queer cinema”, tal e como o definiu Ruby Rich no 1992, xurdiu en paralelo aos avances das teorías queer no escena...
| Autor: | |
|---|---|
| Formato: | tesis de maestría |
| Fecha de publicación: | 2023 |
| País: | España |
| Recursos: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/37940 |
| Acesso em linha: | https://hdl.handle.net/10347/37940 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palavra-chave: | Cinema queer João Pedro Rodrigues Visualidade háptica Suxeito cinestésico Sensibilidades queer Utopia queer Cinema contemporáneo Cine queer Visualidad háptica Sujeto cinestésico Queer cinema Haptic visuality Cinesthetic subject Queer sensibilities Queer utopia Contemporary cinema |
| Resumo: | O desenvolvento dun cinema especificamente queer a partir dos anos 90 rompeu coa política esencialista e identitaria que dominaba os filmes gais e lésbicos das décadas anteriores. O “new queer cinema”, tal e como o definiu Ruby Rich no 1992, xurdiu en paralelo aos avances das teorías queer no escenario académico norteamericano e formulou propostas cinematográficas baseadas na apropiación, no pastiche, na ironía, na irreverencia formal e na apelación ao corpo. Nesta investigación propoñemos unha aproximación á evolución dos modos de expresión das sensibilidades queer, expresadas como unha impugnación reparativa e corporeizada ás estruturas sensibles e ás arquitecturas relacionais do capitalismo patriarcal e colonial, e buscamos rastrexar, delimitar e definir as estratexias formais de inscrición destas sensibilidades no cinema do director portugués João Pedro Rodrigues a través da análise do último dos seus filmes, Fogo-fátuo (2022). Reformulando o proceso espectatorial como un encontro carnal, no marco dun modelo hermenéutico centrado na dimensión sensorial e afectiva do cinema, desenvolvemos unha intervención analítica que nos permitiu: 1) constatar a incorporación no tecido formal e narrativo do filme das sensibilidades queer exploradas, 2) certificar o emprego, por parte do cineasta, de recursos formais do rexistro háptico, 3) corroborar que o filme interpela aes espectadores en tanto suxeitos cinestésicos e 4) describir o modo no que o emprego de estratexias de elaboración formal afastadas do paradigma escopofílico e ocularcéntrico permite a incorporación textual da queeridade. |
|---|