Sextualidades: teorías literarias feministas. Beatriz Suárez Briones. Madrid, Ayuntamiento de Alcalá de Henares/Centro Asesor de la Mujer, 2003

Teño para min que a devoración é un dos perigos que espreitan na actualidade ás teorías feministas. Devorar sen valorar e debater de vagariño as rodeiras que se foron abrindo desde os anos 70. Devorar e superar todo aquilo que remita a etapas de infinitas e evidentes carencias no que atinxe á situac...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: González Fernández, Helena, 1967-
Tipo de recurso: artículo
Estado:Versión publicada
Fecha de publicación:2004
País:España
Institución:Universidad de Barcelona
Repositorio:Dipòsit Digital de la UB
OAI Identifier:oai:diposit.ub.edu:2445/146441
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/2445/146441
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Ressenya de llibres
Crítica literària feminista
Book reviewing
Feminist literary criticism
Descripción
Sumario:Teño para min que a devoración é un dos perigos que espreitan na actualidade ás teorías feministas. Devorar sen valorar e debater de vagariño as rodeiras que se foron abrindo desde os anos 70. Devorar e superar todo aquilo que remita a etapas de infinitas e evidentes carencias no que atinxe á situación das mulleres na sociedade, no imaxinario, na gramática... para acadar a lume de carozo estadios de normalidade aparente, é dicir, arrumbando os estudos feministas como espacios de discusión epitelial ou de pensamento feble, e deixándose levar pola sensación de que os retos marcados nestas tres últimas décadas son xa proba superada. Devorar e pasar a outra cousa deixándose guiar por un desexo de innovación e diferenciación nas posturas teóricas que podería levar ao pensamento feminista a esquecer, ou cando menos, a desprazar a un segundo plano, o que ten de postura política real e comprometida (e non só como declaración avant la lettre). Con isto non pretendo facer aquí unha declaración saudosa do estilo "calquera tempo pasado foi mellor", senón todo o contrario, porque os feminismos son discursos e posicións dinámicas, polo tanto o tempo presente é moito máis intenso e interesante. Agora ben, as novas propostas só poden avanzar se manteñen a compoñente de compromiso e debate, e desde logo os máis afoutos, os que realmente están aportando elementos novos ao debate, así o fan.