Beatriz Suárez Briones, Mª Belén Martín Lucas, Mª Jesús Fariña Busto (eds.): Escribir en femenino. Poéticas y políticas. Barcelona: Icaria, 2001.

Non sei se é habitual recomendar a lectura dun libro de teoría e crítica literarias de carácter compilatorio polo seu paratexto, e non pola súa temática, a perspectiva teórica, a proposta metodolóxica ou a importancia das autoras que nel colaboran. Se cadra, sería algo semellante a animar a unha cat...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: González Fernández, Helena, 1967-
Tipo de recurso: artículo
Estado:Versión publicada
Fecha de publicación:2002
País:España
Institución:Universidad de Barcelona
Repositorio:Dipòsit Digital de la UB
OAI Identifier:oai:diposit.ub.edu:2445/144420
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/2445/144420
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Ressenya de llibres
Book reviewing
Descripción
Sumario:Non sei se é habitual recomendar a lectura dun libro de teoría e crítica literarias de carácter compilatorio polo seu paratexto, e non pola súa temática, a perspectiva teórica, a proposta metodolóxica ou a importancia das autoras que nel colaboran. Se cadra, sería algo semellante a animar a unha cata da mazá tabardilla na que só se permite unha mordedela á tona. Sen embargo, vouno facer. Efectivamente, abonda o limiar para recomendar a lectura de Escribir en femenino, e isto non vai en detrimento do interese dos traballos que nel se recompilan. A introducción afástase dos exordios autoexculpatorios ou de gabanza ás colaboradoras, pero tamén da captatio benevolentiae ou da domesticación do proceso lector. Pola contra, a mediación que se propón serve para desbrozar a lectura dos quince artigos que se reúnen a xeito de "guía para navegantes do pensamento feminista". E conséguese, porque a introducción medra páxina a páxina ata converterse nun útil Capítulo Cero que non só achanza a lectura senón que funciona como un breve e ameno estado da cuestión no tocante ós conceptos máis debatidos polos estudios feministas ó longo da segunda metade do século XX. Non en van está asinada por tres investigadoras, as tres da Universidade de Vigo, que contan cunha importante traxectoria como creadoras de foros para o debate teórico das teorías feministas e como coñecedoras do tema. Beatriz Suárez Briones encarreirou os seus estudios sobre o xénero no ámbito da teoría literaria; Mª Belén Martín Lucas nos estudios poscoloniais; e Mª Jesús Fariña Busto faino na literatura hispanoamericana.