Romasanta, historia en movemento: Unha viaxe entre a realidade e o mito

No presente Traballo de Fin de Máster ofrécese o deseño dunha senda literaria dirixida a un público adulto, na que se combina historia, natureza e patrimonio cultural. Esta proposta baséase na análise do personaxe enigmático de Manuel Blanco Romasanta, coñecido popularmente coma o lobishome de Allar...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Fanego Lestegás, Antía
Tipo de recurso: tesis de maestría
Fecha de publicación:2025
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/45596
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/45596
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Romasanta
hombre lobo
literatura
naturaleza
senda literaria
natureza
lobishome
werewolf
literature
nature
literary path
5802 Organización y planificación de la educación
Descripción
Sumario:No presente Traballo de Fin de Máster ofrécese o deseño dunha senda literaria dirixida a un público adulto, na que se combina historia, natureza e patrimonio cultural. Esta proposta baséase na análise do personaxe enigmático de Manuel Blanco Romasanta, coñecido popularmente coma o lobishome de Allariz, explorando tanto os espazos naturais e os feitos históricos como a mitificación que envolveu a súa figura ao longo do tempo. A idea é que, durante un día, as persoas participantes visiten os lugares máis emblemáticos vinculados á historia e lenda de Romasanta para afondar nos aspectos literarios e culturais tanto deste caso coma do personaxe. Cabe destacar que se propoñen actividades didácticas na natureza para cada unha das paradas, enriquecendo o proceso de ensino-aprendizaxe e construíndo coñecemento a través da experiencia. Neste sentido, unha das dimensións fundamentais do traballo é a análise da construción e evolución do mito de Romasanta, explorando como se entrelazan feitos reais e elementos de ficción para xerar unha narrativa complexa que perdura no tempo. Desta maneira, poderase evidenciar a importancia da reinterpretación histórica e literaria como instrumento para comprender o pasado e a súa influencia no presente. Así pois, preséntase a senda literaria coma unha ferramenta innovadora de ocio para a educación das persoas adultas, sendo unha experiencia inmersiva que une a narrativa histórica co patrimonio de Galicia, empregando a figura de Romasanta como fío condutor para explorar a intersección entre mito e realidade.