Romasanta, historia en movemento: Unha viaxe entre a realidade e o mito
No presente Traballo de Fin de Máster ofrécese o deseño dunha senda literaria dirixida a un público adulto, na que se combina historia, natureza e patrimonio cultural. Esta proposta baséase na análise do personaxe enigmático de Manuel Blanco Romasanta, coñecido popularmente coma o lobishome de Allar...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis de maestría |
| Fecha de publicación: | 2025 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/45596 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/10347/45596 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Romasanta hombre lobo literatura naturaleza senda literaria natureza lobishome werewolf literature nature literary path 5802 Organización y planificación de la educación |
| Sumario: | No presente Traballo de Fin de Máster ofrécese o deseño dunha senda literaria dirixida a un público adulto, na que se combina historia, natureza e patrimonio cultural. Esta proposta baséase na análise do personaxe enigmático de Manuel Blanco Romasanta, coñecido popularmente coma o lobishome de Allariz, explorando tanto os espazos naturais e os feitos históricos como a mitificación que envolveu a súa figura ao longo do tempo. A idea é que, durante un día, as persoas participantes visiten os lugares máis emblemáticos vinculados á historia e lenda de Romasanta para afondar nos aspectos literarios e culturais tanto deste caso coma do personaxe. Cabe destacar que se propoñen actividades didácticas na natureza para cada unha das paradas, enriquecendo o proceso de ensino-aprendizaxe e construíndo coñecemento a través da experiencia. Neste sentido, unha das dimensións fundamentais do traballo é a análise da construción e evolución do mito de Romasanta, explorando como se entrelazan feitos reais e elementos de ficción para xerar unha narrativa complexa que perdura no tempo. Desta maneira, poderase evidenciar a importancia da reinterpretación histórica e literaria como instrumento para comprender o pasado e a súa influencia no presente. Así pois, preséntase a senda literaria coma unha ferramenta innovadora de ocio para a educación das persoas adultas, sendo unha experiencia inmersiva que une a narrativa histórica co patrimonio de Galicia, empregando a figura de Romasanta como fío condutor para explorar a intersección entre mito e realidade. |
|---|