A medición da desigualdade. Análise da situación galega no marco do estado das autonomías
Esta tese estructúrase en dúas partes: i) análise do marco teórico para a medición da desigualdade e do benestar-renda e, ii) cuantificación empírica en base ós datos da EPF 1990/91 e ós do ingreso reconstruído de Pena Trapero (dir) (1996) dos ditos fenómenos no conxunto de España e por Comunidades...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis doctoral |
| Fecha de publicación: | 2000 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/17619 |
| Acceso en línea: | http://hdl.handle.net/10347/17619 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Materias::Investigación::72 Filosofía::7207 Filosofía social::720704 Filosofía política Materias::Investigación::59 Ciencia política::5902 Ciencias políticas::590206 Política económica |
| Sumario: | Esta tese estructúrase en dúas partes: i) análise do marco teórico para a medición da desigualdade e do benestar-renda e, ii) cuantificación empírica en base ós datos da EPF 1990/91 e ós do ingreso reconstruído de Pena Trapero (dir) (1996) dos ditos fenómenos no conxunto de España e por Comunidades Autónomas, adicándolle unha atención especial á Comunidade Galega. O estudio do marco teórico abórdase tanto dende un enfoque conceptual como cuantitativo. Dende o primeiro, estúdiase o papel da igualdade e os ámbitos nos que esixir esta cara á consecución dunha organización social xusta. Dende o eido cuantitativo, logo de achegar a definición de medida de desigualdade e analizar as súas propiedades, estúdiase un amplo conxunto de medidas, facendo fincapé nos seus límites e propiedades. Tamén se analizan diferentes criterios de ordenación parcial equivalentes ó de Lorenz e/ou ó de Shorrocks, e outros criterios aplicables cando os anteriores fallan. Na aplicación empírica compáranse as Comunidades en canto á desigualdade relativa, absoluta e benestar-renda, tendo en conta tres variables (gasto declarado, ingreso declarado e ingreso reconstruído) a través dun amplo conxunto de medidas (curvas e índices). Afóndase na análise da desigualdade e do benestar-renda en Galicia clasificando a poboación total segundo certas características dos fogares (tipo de fogar, tamaño do municipio,…) ou do sustentador principal (sexo, idade, nivel de estudios, condición socioeconómica, categoría socioprofesional, etc). |
|---|