O tombo do mosteiro de San Xoán da Cova (Vedra). Notas paleográficas e rexestos
A finalidade deste traballo é, dunha banda, o estudo da escritura do tombo inédito de San Xoán da Cova (segunda metade do século XV), a través da súa consulta directa e a aplicación dunha metodoloxía paleográfica. Para unha análise máis completa, iniciamos o traballo cunha breve síntese da materiali...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | artículo |
| Estado: | Versión publicada |
| Fecha de publicación: | 2018 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Sevilla (US) |
| Repositorio: | idUS. Depósito de Investigación de la Universidad de Sevilla |
| OAI Identifier: | oai:idus.us.es:11441/86898 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/11441/86898 https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Paleografía Codicoloxía Notariado Tombo San Xoán da Cova Codicología Tumbo Palaeography Codicology Scribes Cartulary |
| Sumario: | A finalidade deste traballo é, dunha banda, o estudo da escritura do tombo inédito de San Xoán da Cova (segunda metade do século XV), a través da súa consulta directa e a aplicación dunha metodoloxía paleográfica. Para unha análise máis completa, iniciamos o traballo cunha breve síntese da materialidade do códice e dalgúns aspectos da diplomática do mesmo (certas fórmulas, as clases de notarios que interveñen ou a tipoloxía dos documentos copiados). Tras isto, analizaremos os modelos gráficos empregados no libro, as súas características, a posible identificación das mans ou os motivos que explican a aparición destas grafías. Doutra banda, o segundo obxectivo é a elaboración dos rexestos dos documentos do libro, os cales reflicten a gran diversidade documental trasladada. Observaremos, polo tanto, que os modelos góticos, principalmente, a cortesá, foron os máis utilizados na redacción do códice, en relación coa súa función administrativa, o carácter notarial dos documentos copiados ou o uso do galego. Estas conclusións complétanse coa existencia dun claro multigrafismo (bastarda-latín, cortesá-galego) entre os notarios apostólicos deste libro como consecuencia da súa formación e apreciable trala comparación deste tombo con outras fontes notariais de Santiago. |
|---|