A hidra tricéfala de Galaxia: o equipo de Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla e Ramón Piñeiro.

A editorial Galaxia e o labor do seu equipo humano durante o franquismo pode analizarse desde múltiples perspectivas. Mais Xaime Isla sempre insistía en que se debía prestar unha atención especial á súa organización colectiva como equipo, unha teima que reflectiu con asisada creatividade en data ind...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Pastoriza Rozas, Xosé Luís
Tipo de recurso: artículo
Fecha de publicación:2023
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/39160
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/39160
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Editorial Galaxia
Galeguismo
Francisco Fernández del Riego
Xaime Isla Couto
Ramón Piñeiro
55 Historia
Descripción
Sumario:A editorial Galaxia e o labor do seu equipo humano durante o franquismo pode analizarse desde múltiples perspectivas. Mais Xaime Isla sempre insistía en que se debía prestar unha atención especial á súa organización colectiva como equipo, unha teima que reflectiu con asisada creatividade en data indeterminada na súa caracterización caricaturesca de Piñeiro, Del Riego e el mesmo como unha hidra de tres cabezas. A análise das dinámicas positivas, nutritivas e produtivas deste traballo en equipo permitirían explicar a supervivencia histórica da editorial e o seu proxecto político-cultural, así como o triunfo do galeguismo en canto cultura política da Galicia autonómica e democrática. Porque a editorial Galaxia e o seu grupo humano constituíuse e desenvolveuse como un exemplar equipo de alto rendemento motivado e inspirado por unha épica de rebeldía, resistencia, reconquista, entusiasmo e fidelidade ao ideal galeguista e ás súas sete misións. Un compromiso rexo e insubornable que permitiu a continuidade do proxecto Galaxia malia os conflitos, disidencias, porfías e retesías que nunca comprometeron a irmandade e o espírito de fraternal camaradería ao servizo dunha causa común: construír Galicia.