Salvar o pelello e gañar a vida no exilio. Florencio Delgado Gurriarán, Ramiro Isla Couto e as redes de axuda a refuxiados republicanos en Francia en 1939
A apresurada retirada desde Cataluña entre xaneiro e febreiro de 1939 provocou a necesidade de abordar desde Francia, en conexión e contacto coas redes de alén mar -fundamentalmente en Estados Unidos, Arxentina e Uruguai- a xestión urxente da atención á emerxencia humanitaria dos galegos civís e mil...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | capítulo de libro |
| Fecha de publicación: | 2022 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/46251 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/10347/46251 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Florencio Delgado Gurriarán Ramiro Illa Couto Exilio Guerra Civil Galeguismo Sociedades Hispanas Confederadas Rodolfo Prada 550302 Historia regional 550402 Historia contemporánea |
| Sumario: | A apresurada retirada desde Cataluña entre xaneiro e febreiro de 1939 provocou a necesidade de abordar desde Francia, en conexión e contacto coas redes de alén mar -fundamentalmente en Estados Unidos, Arxentina e Uruguai- a xestión urxente da atención á emerxencia humanitaria dos galegos civís e militares refuxiados en Francia. Tras o fin da Guerra Civil o 1 de abril, moitas das iniciativas e institucións galegas no exterior de apoio á España republicana mudaron en comités de axuda ás persoas refuxiadas iniciándose unha carreira contra reloxo para lograr sacar de Francia ao maior número posible de galegos ante a ameaza das repatriacións e das deportacións forzosas a España e dunha guerra mundial que se albiscaba no horizonte. Neste proceso de xestión da saída cara ao exilio dos refuxiados galegos mobilizáronse as redes existentes e puxéronse ao servizo dun novo labor patriótico, republicano e humanitario. En Bos Aires, Rodolfo Prada asumiu o labor de enlace cos galeguistas que gozaban de liberdade de movementos en Francia e residían en París: o seu vello amigo Ramiro Isla Couto (RIC) e Florencio Delgado Gurriarán (FDG), secretario de propaganda do Partido Galeguista (PG8. En marzo de 1939, RIC e FDG recibiron a encomenda desde Bos Aires de constituír unha comisión en París canda a Germán Vidal, ex-alcalde de Noia, militante de Izquierda Republicana (IR) e vicesecretario de Solidariedade Galega Antifascista (SGA). Daquela, RIC e FDG xa tiñan experiencia na xestión de redes de fuxida desde Porto, desde a fronteira francesa e desde a retagarda das liñas inimigas. De feito, malia a inferioridade numérica en militantes e a debilidade política e institucional do PG na España leal, os galeguistas amosaron eficacia na xestión das súas redes de prestixio e influenza mobilizando o apoio das redes de axuda, as capacidades e experiencia adquiridas durante a guerra e os tecidos de relacións persoais e políticas con galegos con cargos de responsabilidade na administración republicana pola súa común orixe galega ou pertenza á SGA |
|---|