Utilidade da Escala de Soidade de Jong Gierveld na clínica psicoxeriátrica : un estudo piloto

A soidade é unha variable cun papel fundamental na poboación envellecida, un sector cada vez máis amplo que conta cunha incidencia elevada de problemáticas de saúde mental. Este tipo de problemas poden verse fomentados ou agravados pola propia experiencia da soidade, o que ten como consecuencia un i...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Burés Soñora, Ana Isabel
Tipo de recurso: tesis de maestría
Fecha de publicación:2021
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/30144
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/30144
Access Level:acceso abierto
Descripción
Sumario:A soidade é unha variable cun papel fundamental na poboación envellecida, un sector cada vez máis amplo que conta cunha incidencia elevada de problemáticas de saúde mental. Este tipo de problemas poden verse fomentados ou agravados pola propia experiencia da soidade, o que ten como consecuencia un incremento da fraxilidade e mesmo da mortalidade neste colectivo, as cales deben eliminarse. No presente estudo proponse estudar a introdución da escala de soidade de De Jong Gierveld (De Jong Gierveld & Kamphuis, 1985) no protocolo da Unidade de Psicoxeriatría de Santiago de Compostela (UPX), para así mellorar a abordaxe dos trastornos mentais. Realízase unha aplicación piloto da escala nunha mostra de 21 pacientes da unidade, 16 mulleres e 5 homes, con idades comprendidas entre os 64 e os 89 (M = 78.76, DT = 5.73), a cal permite comprobar a capacidade de administrala en persoas con problemáticas de saúde mental e estudar a relación que presentan a soidade e a depresión nestas persoas. Os resultados das análises cualitativas e cuantitativas (correlación de Pearson, ANOVA dun factor e proba Chi-cadrado) reflexan a existencia de relación entre soidade e depresión e a posibilidade de empregarse neste perfil de paciente. Deste xeito, maniféstase a necesidade de ter en conta a soidade como un indicador máis a incluir na valoración integral das persoas maiores da unidade, dada a importancia na saúde mental destas persoas