Algunhas notas sobre vocabularios e outros traballos lingüísticos da época pregaleguista

A contribución que preparamos para este volume recolle, en boa medida, a nosa intervención no Simposio “Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea”, celebrado en novembro de 2009. Ocupámonos daquela, e facémolo agora por escrito, dos textos de corte lingüístico que chegaron ata...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Suárez Vázquez, Damián
Tipo de recurso: capítulo de libro
Fecha de publicación:2012
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/9659
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/9659
Access Level:acceso abierto
Descripción
Sumario:A contribución que preparamos para este volume recolle, en boa medida, a nosa intervención no Simposio “Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea”, celebrado en novembro de 2009. Ocupámonos daquela, e facémolo agora por escrito, dos textos de corte lingüístico que chegaron ata nós producidos sobre o galego ao longo do período pregaleguista, entre os cales predominan os traballos de tipo lexicográfico, como veremos máis adiante. Non pretendemos levar a cabo un estudo completo e detallado de cada unha das pezas conservadas, tarefa que xa foi realizada polos seus diferentes editores en maior ou menor medida; a eses estudos, xunto á imprescindible lectura dos propios textos, remitimos a quen desexe profundizar na historiografía lingüística galega das primeiras décadas do século XIX. O que poderá atopar o lector nas páxinas que seguen é unha descrición xeral das obras conservadas, coa indicación precisa da súa localización e reproducións. Na medida do posible, tratarase de achegar informacións novidosas, especialmente no relativo á autoría dalgunhas pezas que pasaban ata o de agora por anónimas. O traballo complétase con mostras fotográficas dalgúns manuscritos e coa edición dunha das obras comentadas, de difícil acceso na actualidade.