O impacto da participación en actividades de ocio na calidade de vida das persoas maiores

Este Traballo de Fin de Máster analiza a relación entre a participación en actividades de lecer e a calidade de vida das persoas maiores nos contextos urbano e rural, é dicir, Santiago de Compostela e Camariñas, respectivamente. Ademais do impacto do impacto global na calidade de vida, a investigaci...

ver descrição completa

Detalhes bibliográficos
Autor: Pose Suárez, Nuria
Tipo de documento: dissertação
Data de publicação:2025
País:España
Recursos:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositório:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:galego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/44892
Acesso em linha:https://hdl.handle.net/10347/44892
Access Level:Acceso aberto
Palavra-chave:Ocio
Calidade de vida
Participación
Envellecemento activo
Benestar
Envejecimiento activo
Bienestar
Leisure
Quality of life
Participation
Active aging
Well-being
Descrição
Resumo:Este Traballo de Fin de Máster analiza a relación entre a participación en actividades de lecer e a calidade de vida das persoas maiores nos contextos urbano e rural, é dicir, Santiago de Compostela e Camariñas, respectivamente. Ademais do impacto do impacto global na calidade de vida, a investigación busca examinar os beneficios percibidos da participación regular en actividades de ocio en variables psicosociais como a soidade, a autoestima ou a satisfacción coa saúde por parte dos adultos maiores. Empregouse un deseño cuantitativo cunha mostra de 272 persoas maiores de 60 anos. A recollida de datos realizouse mediante un cuestionario estruturado, que incluíu escalas realizadas e validadas como a de Autoestima de Rosenberg e a de Soidade na Escala de UCLA. Os resultados evidenciaron que a unha maior frecuencia de participación en actividades de ocio está asociado cunha mellor percepción da calidade de vida e a saúde. Así mesmo, observouse que as persoas que máis altos niveis de benestar emocional, conexión social e percepción positiva da saúde teñen, son as que máis participan de maneira habitual nestas actividades. Ademais, identificáronse diferenzas significativas en función do municipio de residencia e do nivel educativo. Polo tanto, a participación activa en actividades de ocio contribúe significativamente á mellora da calidade de vida das persoas maiores. Esta influencia maniféstase principalmente a través do incremento do benestar emocional, a redución da soidade e unha maior percepción da saúde. Estes resultados subliñan a importancia de deseñar e implementar programas de ocio accesibles para todos/as para favorecer un envellecemento activo e satisfactorio.