O impacto da participación en actividades de ocio na calidade de vida das persoas maiores
Este Traballo de Fin de Máster analiza a relación entre a participación en actividades de lecer e a calidade de vida das persoas maiores nos contextos urbano e rural, é dicir, Santiago de Compostela e Camariñas, respectivamente. Ademais do impacto do impacto global na calidade de vida, a investigaci...
| Autor: | |
|---|---|
| Formato: | tesis de maestría |
| Fecha de publicación: | 2025 |
| País: | España |
| Recursos: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/44892 |
| Acesso em linha: | https://hdl.handle.net/10347/44892 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palavra-chave: | Ocio Calidade de vida Participación Envellecemento activo Benestar Envejecimiento activo Bienestar Leisure Quality of life Participation Active aging Well-being |
| Resumo: | Este Traballo de Fin de Máster analiza a relación entre a participación en actividades de lecer e a calidade de vida das persoas maiores nos contextos urbano e rural, é dicir, Santiago de Compostela e Camariñas, respectivamente. Ademais do impacto do impacto global na calidade de vida, a investigación busca examinar os beneficios percibidos da participación regular en actividades de ocio en variables psicosociais como a soidade, a autoestima ou a satisfacción coa saúde por parte dos adultos maiores. Empregouse un deseño cuantitativo cunha mostra de 272 persoas maiores de 60 anos. A recollida de datos realizouse mediante un cuestionario estruturado, que incluíu escalas realizadas e validadas como a de Autoestima de Rosenberg e a de Soidade na Escala de UCLA. Os resultados evidenciaron que a unha maior frecuencia de participación en actividades de ocio está asociado cunha mellor percepción da calidade de vida e a saúde. Así mesmo, observouse que as persoas que máis altos niveis de benestar emocional, conexión social e percepción positiva da saúde teñen, son as que máis participan de maneira habitual nestas actividades. Ademais, identificáronse diferenzas significativas en función do municipio de residencia e do nivel educativo. Polo tanto, a participación activa en actividades de ocio contribúe significativamente á mellora da calidade de vida das persoas maiores. Esta influencia maniféstase principalmente a través do incremento do benestar emocional, a redución da soidade e unha maior percepción da saúde. Estes resultados subliñan a importancia de deseñar e implementar programas de ocio accesibles para todos/as para favorecer un envellecemento activo e satisfactorio. |
|---|