Memorias percibidas de feitos experimentados e vistos en vídeo: utilidade forense dos criterios da análise de contido

A avaliación da credibilidade das declaracións é unha das probas determinantes dentro dos procesos xudiciais en delitos da esfera privada. Por iso é imprescindible contar con métodos e procedementos obxectivos, fiables e válidos, que permitan realizar un informe de avaliación psicolóxico forense que...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Sanmarco Vázquez, Jéssica
Tipo de recurso: tesis doctoral
Fecha de publicación:2023
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/30898
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/30898
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:611409 Psicología forense
Descripción
Sumario:A avaliación da credibilidade das declaracións é unha das probas determinantes dentro dos procesos xudiciais en delitos da esfera privada. Por iso é imprescindible contar con métodos e procedementos obxectivos, fiables e válidos, que permitan realizar un informe de avaliación psicolóxico forense que axude o sistema de xustiza na súa labor. Unha das técnicas coas que contamos é o análise de contido, existindo diferentes ferramentas amplamente empregadas, coma o CBCA ou o SEG. Do mesmo xeito, é clave para o proceso de avaliación realizar unha boa obtención da declaración, e para iso contamos coa entrevista cognitiva como técnica máis empregada e válida. Por último, cómpre ser capaz de discernir os relatos baseados en memorias de feitos experimentados dos que non o son, e concretamente, das memorias de feitos visionados polas testemuñas dos delitos. O obxectivo da presente tese de doutoramento é estudar se as ferramentas de análise de contido son capaces de discriminar entre memorias de feitos experimentados e memorias de feitos visionados. Para iso leváronse a cabo 3 estudos, un estudo meta-analítico, un estudo da calidade da información recordada e un estudo de medidas repetidas. Dos resultados xerais obtidos conclúese que existen poucos estudos experimentais que analicen e comparen os dous tipos de memoria, que da información recordada sobre un evento visionado se cometen máis erros de omisión que de comisión e que acertos, e por último o SEG ten capacidade discriminativa para distinguir entre a memoria dun feito experimentado e a memoria dun feito visionado