Ambiente e desenvolvemento rural. Proxecto LIFE99 ENV/E/00286 "Rehabilitación Tambre I Proxecto Piloto"

Este traballo comenta os aspectos máis significativos do proceso proxectual seguido desde o encargo de realizar unha candidatura á Iniciativa LIFE-MEDIO AMBIENTE, ata a actualidade, cando faltan escasos meses para finaliza-la execución do proxecto. Pretendemos discuti-los termos de referencia do pro...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autores: Álvarez López, Carlos José, Palmeiro Ramos, Manuel, Crecente Maseda, Rafael
Tipo de recurso: artículo
Fecha de publicación:2002
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/19257
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/19257
Access Level:acceso abierto
Descripción
Sumario:Este traballo comenta os aspectos máis significativos do proceso proxectual seguido desde o encargo de realizar unha candidatura á Iniciativa LIFE-MEDIO AMBIENTE, ata a actualidade, cando faltan escasos meses para finaliza-la execución do proxecto. Pretendemos discuti-los termos de referencia do proceso de formulación, da fase de xestión, da execución e, por último, formularémo-las previsións para a explotación. A idea do presente proxecto partiu da necesidade de diversificación da economía rural e da relevancia do turismo (de natureza), como posible xerador potencial de efectos multiplicadores, tanto da formación de emprego como do rendemento económico, todo iso dentro da conservación e da revalorización dun medio de características ambientais significativas e degradadas. A través do Proxecto LIFE Tambre I, aprobado e cofinanciado pola Dirección Xeral XI da Comisión Europea, inténtase valoriza-los recursos naturais e, ó mesmo tempo, compatibiliza-lo seu aproveitamento coa actividade industrial de producción de enerxía eléctrica. As actividades propostas no proxecto están encamiñadas á creación dunha nova funcionalidade do medio natural: o turismo rural. Ademais, como peza fundamental para a articulación de tódalas actividades e a súa conservación ó longo do tempo, estase elaborando un Plan de Ordenación do Medio Físico, co que se intentan cimenta-los piares básicos da economía ambiental da zona: a administración dos recursos, a súa distribución e a busca dos seus limites de dispoñibilidade durante a fase de explotación do proxecto