Hidróxeno verde e descarbonización en Galicia: análise multinivel de proxectos, motores e barreiras para o seu desenvolvemento

O hidróxeno verde perfílase como unha solución clave para descarbonizar sectores difíciles de electrificar, como a industria pesada e o transporte de longa distancia. Galicia, con abundantes recursos renovables, emerxe como unha rexión estratéxica na axenda española e europea do hidróxeno verde. Est...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autores: Pinotti, Giannina, Vence Deza, Xavier
Tipo de recurso: artículo
Fecha de publicación:2025
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/44554
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/44554
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Hidróxeno verde
Enerxías renovables
Galicia
Descarbonización
Enfoque multinivel
Hidrógeno verde
Energías renovables
Green hydrogen
Renewable energy
Decarbonization
Multi-level approach
Descripción
Sumario:O hidróxeno verde perfílase como unha solución clave para descarbonizar sectores difíciles de electrificar, como a industria pesada e o transporte de longa distancia. Galicia, con abundantes recursos renovables, emerxe como unha rexión estratéxica na axenda española e europea do hidróxeno verde. Este estudo analiza os 28 proxectos vinculados ao desenvolvemento deste vector enerxético, identificados ata xullo de 2024, avaliando o seu grao de avance e os factores que inflúen no seu desenvolvemento mediante un enfoque de transición multinivel coa aplicación da metodoloxía PESTEL. Malia que o potencial é significativo, o sector aínda está en fase inicial, con investimentos por baixo do proxectado e sen proxectos operativos. Entre as principais barreiras destacan a dependencia tecnolóxica, a falta de infraestrutura e a incerteza sobre a demanda. O estudo recomenda impulsar vales de hidróxeno, fortalecer a colaboración entre sectores e abordar brechas de infraestrutura para acelerar a transición enerxética en Galicia