Caracterización da raza Galiña de Mos
Nos últimos anos a FAO, ven alarmando da perda de razas. Para establecer estratexias de conservación dunha raza autóctona, requírese información sobre características fenotípicas, a súa orixe, sistemas de produción, evolución dos seus censos, rasgos xenéticos singulares e a tipificación das súas pro...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis doctoral |
| Fecha de publicación: | 2016 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/13918 |
| Acceso en línea: | http://hdl.handle.net/10347/13918 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Materias::Investigación::31 Ciencias agrarias::3109 Ciencias veterinarias::310902 Genética Materias::Investigación::31 Ciencias agrarias::3104 Producción Animal::310412 Selección Materias::Investigación::31 Ciencias agrarias::3104 Producción Animal::310409 Avicultura |
| Sumario: | Nos últimos anos a FAO, ven alarmando da perda de razas. Para establecer estratexias de conservación dunha raza autóctona, requírese información sobre características fenotípicas, a súa orixe, sistemas de produción, evolución dos seus censos, rasgos xenéticos singulares e a tipificación das súas producións e reproducións. Neste traballo faise a caracterización da raza e as recomendacións para unha xestión eficiente. A Galiña de Mos ten referencias escritas desde o ano 1936, tras ser seleccionada a partir de exemplares da zona da Terra Chá, na provincia de Lugo, aínda que existían exemplares por todo o interior de Galicia. A súa orixe xenética é moito anterior. Tras ser empregada décadas atrás en produtos avícolas de calidade, a chegada da avicultura industrial provocou o abandono progresivo da súa cría ata situarse ao bordo da extinción. A implantación dun Programa de Conservación na raza, permitiu a recuperación dos seus censos ata ter 6.253 reprodutores, con 26.373 nacementos en 2014, sendo a raza de galiñas autóctonas españolas con maior censo. A súa produción oveira foi de 185 ovos anuais, tendo este produto unhas cualidades nutritivas diferencias, con gran cantidade de aminoácidos esenciais, con elevadas proporcións de xema e menor humidade que as estirpes industriais. A produción cárnica destacou nos catro produtos analizados, Galo, Capón, Pularda e Galiña, en comparación ás estirpes industriais, por ser de elevado rendemento en partes nobres, cunha carne fina e cun sabor máis intenso. A pel mostra unha cor amarela uniforme sendo moi fina, con pouca graxa subcutánea. Son carnes moi nutritivas, zumarentas, tenras, pouco fibrosas, cunha cor máis intensa e boa intensidade de olor. Con pouca graxa, que ademais é de alta calidade e moi saudable, cunha alta proporción de ácidos graxos poliinsaturados, de omega 6 e de omega 3. A súa xenética permite obter produtos diferentes, os sabores de antes. |
|---|