Da Italorromania dos séculos IX-X á Iberromania do século XII: escritura e reescritura do motivo Fui eo, madre... na cantiga de amigo
Neste traballo celébrase o artigo publicado en 2022 por Vittorio Formentin e Antonio Ciaralli en que se edita e se estuda con gran coidado o que até agora é o primeiro e único fragmento coñecido da lírica das orixes (séculos IX-X): Fui eo, madre, in civitate, vidi onesti iovene, / c̻al̻ced̻u̻r̻. A p...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de documento: | artigo |
| Data de publicação: | 2023 |
| País: | España |
| Recursos: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositório: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | galego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/38069 |
| Acesso em linha: | https://hdl.handle.net/10347/38069 |
| Access Level: | Acceso aberto |
| Palavra-chave: | Cantiga de amigo Lírica románica medieval Orixes Romance Poesía popular Romance medieval lyric poetry Origins Popular poetry 570107 Lengua y literatura |
| Resumo: | Neste traballo celébrase o artigo publicado en 2022 por Vittorio Formentin e Antonio Ciaralli en que se edita e se estuda con gran coidado o que até agora é o primeiro e único fragmento coñecido da lírica das orixes (séculos IX-X): Fui eo, madre, in civitate, vidi onesti iovene, / c̻al̻ced̻u̻r̻. A partir deste ensaio, e seguindo o camiño que marcan os dous filólogos italianos, analízanse varias mostras do xénero de amigo que conteñen o segmento inicial da canción procedente da Italorromania, mostrando como emerxe naquelas o motivo do ir, ver e, posteriormente, referir á madre as propias inquedanzas amorosas. Ademais, abórdase a cronoloxía e o estatuto social dos trobadores que empregaron o tema, indicándose como este coñece diversas fases no seu cultivo na área galego-portuguesa, que poden pasar por, primeiro, a súa “escritura”, o seu cultivo “per se”, e, despois, por un proceso de “reescritura” en que converxe con outros elementos temático-retóricos e léxicos característicos dun grupo moi selecto de autores, que fican, así, vinculados entre si. |
|---|