Factores de risco na aparición da dor: metaanálise e estudo de cohortes
A dor crónica representa un problema de Saúde Pública, con importantes repercusións na calidade de vida dos individuos e un enorme impacto económico e sanitario a nivel global. Non comezou a ser considerada coma unha entidade patolóxica por si mesma ata fai pouco máis dunha década, polo que o coñece...
| Author: | |
|---|---|
| Format: | doctoral thesis |
| Publication Date: | 2021 |
| Country: | España |
| Institution: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repository: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Language: | Galician |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/27056 |
| Online Access: | http://hdl.handle.net/10347/27056 |
| Access Level: | Open access |
| Keyword: | Materias::Investigación::32 Ciencias médicas::3212 Salud pública Materias::Investigación::32 Ciencias médicas::3202 Epidemologia Materias::Investigación::32 Ciencias médicas::3210 Medicina preventiva |
| Summary: | A dor crónica representa un problema de Saúde Pública, con importantes repercusións na calidade de vida dos individuos e un enorme impacto económico e sanitario a nivel global. Non comezou a ser considerada coma unha entidade patolóxica por si mesma ata fai pouco máis dunha década, polo que o coñecemento fisiopatolóxico e a abordaxe clínica son aínda considerablemente limitados. Ata a data, varios factores de risco foron estudados, mais, con todo, a maior parte da investigación está referida a trastornos relacionados coa dor, e non á dor crónica considerada coma unha entidade por si mesma. Estas limitacións levan a que exista un escaso coñecemento sobre as medidas eficaces para previr a aparición e o empeoramento da dor crónica. Debido a isto, formulamos unha investigación destinada a estudar a relación entre os factores sociais (nivel socioeconómico, cargas familiares e cargas laborais) e a aparición e empeoramento da dor crónica. Na revisión sistemática e metaanálise que realizamos, os resultados mostran un maior risco de desenvolver dor crónica entre os individuos con nivel socioeconómico baixo e intermedio. Esta asociación é máis pronunciada entre os individuos de nivel socioeconómico baixo, e dáse en tódolos síndromes de dor crónica estudados. Ademais, tanto o nivel socioeconómico coma as cargas familiares e laborais están asociadas á aparición da dor crónica, unha relación na que o sexo actúa coma factor modificador deste efecto. Por último, o nivel socioeconómico alto aumenta o risco de que a dor empeore moderadamente, pasando de ser dor non crónica e localizada, a dor crónica e/ou extensa. En cambio, non ten influencia sobre un empeoramento grave da dor, que incorpore síntomas somáticos e sufrimento psicolóxico. |
|---|