Apropiación cultural e contradiscurso histórico a materia artúrica na literatura galega. Vol I
A literatura galega comeza o seu renacer no século XIX nun contexto de reivindicacións nacionalistas que é un eco do movemento que percorre toda Europa dende mediados do século XVIII. Ante a necesidade de xustificar a defensa dunha identidade colectiva diferenciada, imponse o proxecto de recuperar u...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | libro |
| Estado: | Versión publicada |
| Fecha de publicación: | 2022 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Barcelona |
| Repositorio: | Dipòsit Digital de la UB |
| OAI Identifier: | oai:diposit.ub.edu:2445/218347 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/2445/218347 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Filologia gallega Novel·la de cavalleries Galician philology Chivalric romances |
| Sumario: | A literatura galega comeza o seu renacer no século XIX nun contexto de reivindicacións nacionalistas que é un eco do movemento que percorre toda Europa dende mediados do século XVIII. Ante a necesidade de xustificar a defensa dunha identidade colectiva diferenciada, imponse o proxecto de recuperar unha historia silenciada e terxiversada dende a cultura hexemónica con intención asimiladora e uniformizadora. Xorde así a través do discurso histórico a postulación da orixe celta do pobo galego, unha idea que funcionará como mythomoteur1 no que se fundamenta a formación discursiva nacionalitaria e que, dende o eido da ideoloxía, se transfire inmediatamente á creación literaria adquirindo unha dimensión estética fundamental. Este mito ten unha eficacia interna extraordinaria para a formación do imaxinario colectivo galego e para a formación discursiva nacionalista, xa que serve para proporcionar unha etnia de identificación —a dos pobos celtas— e, ao mesmo tempo, unha etnia de exclusión fronte á cal pode afirmarse o novo grupo, pois a Galicia celta érguese fronte ao resto da Península de orixe ibera. |
|---|