Apropiación cultural e contradiscurso histórico a materia artúrica na literatura galega. Vol II

A literatura galega comeza o seu renacer no século XIX nun contexto de reivindicacións nacionalistas que é un eco do movemento que percorre toda Europa dende mediados do século XVIII. Ante a necesidade de xustificar a defensa dunha identidade colectiva diferenciada, imponse o proxecto de recuperar u...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Lama López, María Xesús
Tipo de recurso: libro
Estado:Versión publicada
Fecha de publicación:2023
País:España
Institución:Universidad de Barcelona
Repositorio:Dipòsit Digital de la UB
OAI Identifier:oai:diposit.ub.edu:2445/218346
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/2445/218346
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Filologia gallega
Novel·la de cavalleries
Galician philology
Chivalric romances
Descripción
Sumario:A literatura galega comeza o seu renacer no século XIX nun contexto de reivindicacións nacionalistas que é un eco do movemento que percorre toda Europa dende mediados do século XVIII. Ante a necesidade de xustificar a defensa dunha identidade colectiva diferenciada, imponse o proxecto de recuperar unha historia silenciada e terxiversada dende a cultura hexemónica con intención asimiladora e uniformizadora. Xorde así a través do discurso histórico a postulación da orixe celta do pobo galego, unha idea que funcionará como mythomoteur1 no que se fundamenta a formación discursiva nacionalitaria e que, dende o eido da ideoloxía, se transfire inmediatamente á creación literaria adquirindo unha dimensión estética fundamental. Este mito ten unha eficacia interna extraordinaria para a formación do imaxinario colectivo galego e para a formación discursiva nacionalista, xa que serve para proporcionar unha etnia de identificación —a dos pobos celtas— e, ao mesmo tempo, unha etnia de exclusión fronte á cal pode afirmarse o novo grupo, pois a Galicia celta érguese fronte ao resto da Península de orixe ibera.