Aplicacións lineais

Esta unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial, de 6 créditos ECTS impartida no segundo semestre do primeiro curso do Grao en Matemáticas e que pertence ó módulo de Álxebra e Xeometría. Os contidos de Álxebra Lineal, nos que se incl...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autores: Fernández Vilaboa, José Manuel, Rodríguez Fernández, Celso
Tipo de recurso: libro
Fecha de publicación:2013
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/9924
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/9924
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial
Grao en Matemáticas
Materias::Investigación::12 Matemáticas::1201 Algebra::120110 Algebra lineal
Descripción
Sumario:Esta unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial, de 6 créditos ECTS impartida no segundo semestre do primeiro curso do Grao en Matemáticas e que pertence ó módulo de Álxebra e Xeometría. Os contidos de Álxebra Lineal, nos que se inclúe esta materia, son unha parte fundamental das ferramentas matemáticas necesarias para o estudo en moitas áreas, como as ciencias do comportamento, da natureza, físicas ou sociais, economía, enxeñaría ou informática e por suposto nas matemáticas. Esta materia é fundamental para una boa formación matemática. Está precedida da materia Linguaxe Matemática, Conxuntos e Números onde se introducen conceptos básicos das matemáticas, e resulta indispensable para poder abordar con éxito as materias Álxebra Lineal e Multilineal e Xeometría Lineal de segundo curso do grao en matemáticas. Nesta unidade estúdanse as aplicacións lineais entre dous espazos vectoriais de dimensión finita. O alumnado da materia de Espazos Vectoriais e Cálculo Matricial teñen coñecemento das nocións básicas de aplicacións entre conxuntos, matrices, determinantes e resolución de sistemas. A finalidade desta unidade é a de presentar a estreita relación existente entre aplicacións lineais e matrices e, ó mesmo tempo, utilizar estes coñecementos para a resolución dos sistemas de ecuacións lineais. En concreto veremos que o estudo das aplicacións lineais redúcese ó estudo das matrices asociadas segundo dúas bases fixas nos dous espazos vectoriais. Á parte dos propios contidos matemáticos, esta unidade contribuirá ó desenvolvemento da capacidade de razoamento e da capacidade de formalización de demostracións matemáticas.