A man invisible de Ramiro Isla Couto. As viaxes de Camilo José Cela a Colombia e Venezuela (1953-1955)

En 2008 Gustavo Guerrero publicaba Historia de un encargo: “La catira” de Camilo José Cela, obra merecente do Premio Anagrama de Ensaio . Malia as dificultades do proceso de documentación e consulta de arquivos, o profesor venezolano reconstrúe con rigor a viaxe de 1953 de Camilo José Cela a Colombi...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Pastoriza Rozas, Xosé Luís
Tipo de recurso: artículo
Fecha de publicación:2017
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/46154
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/46154
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Ramiro Illa Couto
Camilo José Cela
Venezuela
Exilio galego
550402 Historia contemporánea
550302 Historia regional
570107 Lengua y literatura
Descripción
Sumario:En 2008 Gustavo Guerrero publicaba Historia de un encargo: “La catira” de Camilo José Cela, obra merecente do Premio Anagrama de Ensaio . Malia as dificultades do proceso de documentación e consulta de arquivos, o profesor venezolano reconstrúe con rigor a viaxe de 1953 de Camilo José Cela a Colombia, Ecuador e Venezuela. Nesta romaxe literaria o polifacético padronés prestou un servizo impagable á diplomacia cultural da ditadura española malia a agre polémica e affaire que suscitaría posteriormente en 1955 a publicación da novela La catira, resultado dun contrato co goberno do ditador venezolano, o coronel Marcos Pérez Jiménez. O profesor Guerrero atribúe a Silvio Santiago a razón da súa presenza en Venezuela xa que se precisaba dunha invitación dalgunha entidade cultural para poder deambular conferenciando polo país. Agora ben, de que se coñecían Silvio Santiago e Camilo José Cela? Servía a orixe galega de Cela como visado suficiente para que o Centro Gallego o acollese como gloria literaria durante a celebración da súa Semana Galega en xullo? Hoxe, grazas ao traballo de ordenamento do arquivo da Fundación Isla Couto a cargo de Iñaqui Solla Covelo, podemos afirmar que a “man invisible” que desfechou os ferrollos, teceu confianzas e lubricou a axenda venezolana de Cela foi Ramiro Isla Couto (Arnois, A Estrada, 1896-Vigo, 1987), irmán de Xaime Isla Couto, e sempre pioneiro do nacionalismo galego alén mar