A presenza da dramatización e do teatro nos materiais didácticos do ensino primario en Galicia
Esta tese presenta unha investigación que ten como obxectivo analizar a presenza da dramatización e do teatro nos materiais didácticos do ensino primario en Galicia. Para acadar dito propósito empregouse como instrumento unha guía de avaliación elaborada ad hoc e validada, implementada e dirixida a...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis doctoral |
| Fecha de publicación: | 2021 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/27420 |
| Acceso en línea: | http://hdl.handle.net/10347/27420 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Materias::Investigación::58 Pedagogía::5802 Organización y planificación de la educación::580204 Niveles y temas de educación Materias::Investigación::58 Pedagogía::5803 Preparación y empleo de profesores::580302 Preparación de profesores |
| Sumario: | Esta tese presenta unha investigación que ten como obxectivo analizar a presenza da dramatización e do teatro nos materiais didácticos do ensino primario en Galicia. Para acadar dito propósito empregouse como instrumento unha guía de avaliación elaborada ad hoc e validada, implementada e dirixida a pescudar nos materiais didácticos da mostra a presenza da dramatización e do teatro a través de 10 dimensións de análise. Este instrumento aplicouse a unha mostra de 45 materiais didácticos do 2º e 3º nivel do ensino primario mediante a metodoloxía de análise de contido. Como resultado conclúese que a dramatización e o teatro teñen escasa presenza nos materiais didácticos analizados, sendo máis frecuente a súa aparición nos materiais de Lingua galega e literatura e Lengua castellana y literatura. Nestes materiais didácticos a dramatización e o teatro adoitan manifestarse como elementos encamiñados ás actividades de lectoescritura, con referencias claras á literatura dramática ou suxestións de lecturas dramatizadas. Nos materias didácticos de ciencias a presenza é nula ou anecdótica. Estes resultados poñen de manifesto a necesidade de poñer en valor o emprego da dramatización e do teatro no ensino a través dos materiais didácticos dados os beneficios que a súa práctica comporta para o desenvolvemento íntegro do alumnado nos procesos de ensino aprendizaxe. |
|---|