Inseminación artificial na vaca

A Obstetricia e Reprodución (131504) é unha materia que se imparte no quinto curso da licenciatura en Veterinaria. Non existen requisitos previos legais e calquera alumno matriculado na licenciatura en Veterinaria pode cursar esta materia. Porén, é conveniente que o alumnado teña coñecementos previo...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Becerra González, Juan José
Tipo de recurso: libro
Fecha de publicación:2011
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/9925
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/9925
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Materias::Investigación::31 Ciencias agrarias::3104 Producción Animal::310411 Reproducción
Materias::Investigación::31 Ciencias agrarias::3109 Ciencias veterinarias::310999 Otras (especificar)
Descripción
Sumario:A Obstetricia e Reprodución (131504) é unha materia que se imparte no quinto curso da licenciatura en Veterinaria. Non existen requisitos previos legais e calquera alumno matriculado na licenciatura en Veterinaria pode cursar esta materia. Porén, é conveniente que o alumnado teña coñecementos previos de anatomía e fisioloxía veterinaria, así como de patoloxía xeral e propedeútica clínica. Tamén sería aconsellable que os estudantes teñan coñecementos básicos de TICs, xa que serán de aplicación na busca de información, para o manexo de bases de datos e para empregar a aula virtual coa que conta a materia. Coma sempre, sería ideal contar con coñecementos básicos de inglés, xa que a maior parte dos artigos científicos están publicados nese idioma. A xustificación de editar esta unidade didáctica nace da importancia do tema que se vai tratar. A inseminación artificial na especie bovina é unha habilidade que debe ser acadada por calquera profesional veterinario que teña intención de traballar na reprodución dos ruminantes. Alcanzar soltura nesta técnica pode abrir un gran número de portas no ámbito laboral. Tal e como figura na guía docente da materia, “a función desta disciplina é achegar coñecementos e destrezas relacionadas coa reprodución dos animais domésticos, dende dous puntos de vista: o clínico asistencial e o da produción animal. Así, a reprodución constitúe a base de todo proceso produtivo xa sexa dun xeito directo (carne, ovos), ou indirecto (leite)”. Non podemos esquecer, que a práctica clínica tradicional está a ser substituída nas especies de renda pola chamada medicina da produción, dentro da cal a reprodución xoga un papel moi destacado. Por todo isto, unha parte moi importante da actividade profesional dos futuros licenciados en veterinaria estará centrada en conseguir que os animais se reproduzan e, ademais, o fagan dun xeito eficiente para garantira súa rendibilidade económica. Debemos ter en conta que os coñecementos e destrezas adquiridos nesta materia ó longo do curso permitirán diagnosticar e tratar problemas relacionados coa reprodución animal, así como mellorar o rendemento reprodutivo dos animais domésticos e aumentar a rendibilidade produtiva das explotacións gandeiras.