A Formula vitae honestae

[GL]O pequeno tratado filosófico da Formula vitae honestae parte das catro virtudes cardinais —prudencia, magnanimidade, continencia e xustiza—para crear unha guía moral que permita levar unha vida recta, ou, como di o propio título da obra, unha vida honesta. Esta obra foi composta por Martiño de D...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Ranero Riestra, Laura
Tipo de recurso: capítulo de libro
Estado:Versión publicada
Fecha de publicación:2023
País:España
Institución:Universidad de Salamanca (USAL)
Repositorio:GREDOS. Repositorio Institucional de la Universidad de Salamanca
OAI Identifier:oai:dnet:gredos______::bcd81d4260f7b63f0ac1ca8548033c3a
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10366/171609
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Formula vitae honestae
Crítica textual
Transmisión textual
Literatura medieval latina y románica
Textual criticism
Textual transmission
Medieval Latin and Romance literature
72 Filosofía
6202.01 Crítica de Textos
Descripción
Sumario:[GL]O pequeno tratado filosófico da Formula vitae honestae parte das catro virtudes cardinais —prudencia, magnanimidade, continencia e xustiza—para crear unha guía moral que permita levar unha vida recta, ou, como di o propio título da obra, unha vida honesta. Esta obra foi composta por Martiño de Dumio no século vi, en concreto entre os anos 570 e 579, período en que Miro gobernou o reino suevo (desde a súa coroación ata a súa morte), dado que a obra vai dedicada a este rei de maneira explícita (Mironi regi). Na Formula conflúen dous dos motivos que aparecen na produción de Martiño de Dumio: o tema moral, que neste caso toma a base do estoicismo senequiano para moldealo ao ascetismo cristián, e o fondo pedagóxico (como ocorre no seu De correctione rusticorum), que se mantén, neste tratado, intimamente ligado ao contexto político do seu tempo. Na sociedade sueva deste período non había unha separación clara entre o ámbito civil e o relixioso, polo tanto a vida do bracarense, en canto que máximo representante eclesiástico da arquidiocese de Braga, non pode desligarse da vida política. A influencia do bispo foi crecendo desde a súa chegada á Gallaecia e incrementouse co ascenso ao poder do rei Miro, de quen fora mentor cando este era aínda príncipe, é dicir, durante o reinado do seu pai Teodomiro (quen reinou desde o ano 559 ata o 570). Pasa entón Martiño a exercer o papel de conselleiro e convértese na persoa de confianza do rei e nunha figura fundamental entre as personalidades eclesiásticas que tiveron influencia sobre Miro.