O Códice de Florencia das Cantigas de Santa María (B.R. 20). Transcrición paleográfica
Trátase da transcrición paleográfica conservadora do códice florentino das Cantigas de Santa María (B.R. 20), que reflicte os trazos da escritura gótica, coa súa alternancia de caracteres rectos e unciales segundo as Leis de Meyer e o rico xogo de abreviaturas que permitían aforrar o valioso espazo...
| Autores: | , |
|---|---|
| Tipo de recurso: | libro |
| Fecha de publicación: | 2019 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/38717 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/10347/38717 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Cantigas de Santa María Paleografía Códice de Florencia Ortografía alfonsina Investigación |
| Sumario: | Trátase da transcrición paleográfica conservadora do códice florentino das Cantigas de Santa María (B.R. 20), que reflicte os trazos da escritura gótica, coa súa alternancia de caracteres rectos e unciales segundo as Leis de Meyer e o rico xogo de abreviaturas que permitían aforrar o valioso espazo do manuscrito. Posto que este tipo de edicións tan conservadoras non adoitan ser as máis habituais dada a laboriosidade da súa confección, xa que se recolle tipografía nada común (letras unciales, maiúsculas ou expandidas; de uncial e de recta; erre redonda e erre de martelo, ese alta ou ese baixa, símbolos de abreviación planos, curvos, en zigzag ou outros etc.), e sinálanse os accidentes ocorridos tanto durante a copia (erros do copista, riscados, raspaduras) como posteriores (manchas de tinta, de humidade, perforacións) que non adoitan incluírse nas edicións paleográficas correntes. Como, debido a todas estas circunstancias, poida que para o ollo pouco afeito a estes estraños signos, a interpretación do texto resulte dificultosa, incorporouse ademais unha edición semipaleográfica da transcrición que facilita a lectura e as procuras no interior do texto. Todo iso está precedido dun estudo de carácter introdutorio ao códice menos coñecido e máis imperfecto das CSM, así como dunha minuciosa descrición dos criterios de edición seguidos. |
|---|