Verben mit Präpositionen für die DaF-Didaktik auf A-Niveau: Identifikation, Selektion und Strukturierung auf der Grundlage empirischer Methoden

Os verbos de réxime preposicional (bitten um etwas) constitúen un tema complexo para o alumnado de alemán como lingua estranxeira en todos os niveis do Marco común europeo de referencia para as linguas. Os verbos con preposición (abreviado: VCP) son unha combinación fixa dun verbo e unha preposición...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Gahr, Alexander
Tipo de recurso: tesis doctoral
Fecha de publicación:2025
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:alemán
OAI Identifier:oai:dnet:minerva_____::aa5e9aefa27a17f26a1fb5805d850cfd
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/42166
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:alemán
verbos
preposición
aprendizaje
dificultades
570111 Enseñanza de lenguas
570501 Lingüística comparada
Descripción
Sumario:Os verbos de réxime preposicional (bitten um etwas) constitúen un tema complexo para o alumnado de alemán como lingua estranxeira en todos os niveis do Marco común europeo de referencia para as linguas. Os verbos con preposición (abreviado: VCP) son unha combinación fixa dun verbo e unha preposición que é rexida polo verbo. As dificultades do alumnado maniféstanse en forma de erros como omisión, confusión e adición dunha preposición, a elección do caso erróneo coas denominadas preposicións de cambio e en problemas co adverbio preposicional. Por outra banda, frecuentemente dáse a confusión entre unha preposición e unha partícula separable dun verbo. Inférese que estes problemas débense á interrelación entre factores intra- e interlingüísticos, así como externos, que se analizarán no presente traballo. O factor intralingüístico refírese á complexidade que presentan os VCP na lingua alemá, mentres que o factor interlingüístico remite ás diferenzas existentes neste ámbito entre o español e o alemán.