A destrución dunha sociedade democrática e a formación da sociedade franquista. Vigo, 1935-1939
O golpe de estado de xullo de 1936 cortou de raíz a experiencia modernizadora que supuxo a II República pero acotío o interese dos investigadoras da guerra civil non se detén en analizar como era a sociedade a nivel micro que se destrúe co golpe. Nesta investigación interésanos, especialmente, como...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis doctoral |
| Fecha de publicación: | 2024 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/39563 |
| Acceso en línea: | https://hdl.handle.net/10347/39563 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Vida cotián golpe de estado FE-JONS subscricións patrióticas asasinos 550203 Monografías históricas 550402 Historia contemporánea |
| Sumario: | O golpe de estado de xullo de 1936 cortou de raíz a experiencia modernizadora que supuxo a II República pero acotío o interese dos investigadoras da guerra civil non se detén en analizar como era a sociedade a nivel micro que se destrúe co golpe. Nesta investigación interésanos, especialmente, como estaba articulada dende unha perspectiva un tanto atípica: interésanos o lecer, as organizacións que se encargaban del, interésanos o deporte, as representacións teatrais, as conferencias… Todas estas actividades e os seus organizadores son analizados non como organizacións estanco –incluso partidos e sindicatos- senón na medida en que se inxiren elas ou os seus membros en redes mais amplas de sociabilidade. Como estas redes tanto as formais como e sobre todo as informais que se van tecendo, inflúen nos conflitos laborais máis importantes da cidade. Aparece así un proceso que anticipa o que será unha das características máis rupturistas (a nivel de repertorio e de estrutura organizativa) do sindicalismo dos primeiros anos 70 en Vigo: a penetración da conflitividade laboral nos barrios obreiros e a extensión dos conflitos concretos por toda a xeografía urbana, evidentemente as tipoloxías de mobilización varían desta época a década dos 70, pero o obxectivo, a politización social é o mesmo. |
|---|