A destrución dunha sociedade democrática e a formación da sociedade franquista. Vigo, 1935-1939

O golpe de estado de xullo de 1936 cortou de raíz a experiencia modernizadora que supuxo a II República pero acotío o interese dos investigadoras da guerra civil non se detén en analizar como era a sociedade a nivel micro que se destrúe co golpe. Nesta investigación interésanos, especialmente, como...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Román Lago, Isidro
Tipo de recurso: tesis doctoral
Fecha de publicación:2024
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/39563
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/39563
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Vida cotián
golpe de estado
FE-JONS
subscricións patrióticas
asasinos
550203 Monografías históricas
550402 Historia contemporánea
Descripción
Sumario:O golpe de estado de xullo de 1936 cortou de raíz a experiencia modernizadora que supuxo a II República pero acotío o interese dos investigadoras da guerra civil non se detén en analizar como era a sociedade a nivel micro que se destrúe co golpe. Nesta investigación interésanos, especialmente, como estaba articulada dende unha perspectiva un tanto atípica: interésanos o lecer, as organizacións que se encargaban del, interésanos o deporte, as representacións teatrais, as conferencias… Todas estas actividades e os seus organizadores son analizados non como organizacións estanco –incluso partidos e sindicatos- senón na medida en que se inxiren elas ou os seus membros en redes mais amplas de sociabilidade. Como estas redes tanto as formais como e sobre todo as informais que se van tecendo, inflúen nos conflitos laborais máis importantes da cidade. Aparece así un proceso que anticipa o que será unha das características máis rupturistas (a nivel de repertorio e de estrutura organizativa) do sindicalismo dos primeiros anos 70 en Vigo: a penetración da conflitividade laboral nos barrios obreiros e a extensión dos conflitos concretos por toda a xeografía urbana, evidentemente as tipoloxías de mobilización varían desta época a década dos 70, pero o obxectivo, a politización social é o mesmo.