Screening do consumo abusivo de alcohol entre os adolescentes galegos. Análise descritiva e variables asociadas

O consumo de alcohol entre a mocidade constitúe un dos principais problemas de saúde pública, tanto en Galicia, como en España e en Europa, polo que se ten convertido nun dos eixos estratéxicos do traballo preventivo da última década. A pesares dos esforzos realizados, a día de hoxe seguen concorren...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Barreiro Couto, Carmen
Tipo de recurso: tesis doctoral
Fecha de publicación:2020
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/23284
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/23284
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Alcohol
Binge Drinking
Botellón
Prevención
6113.03 Abuso de Drogas
6114.04 Psicología Comunitaria
6114.06 Comportamiento del Consumidor
6107.01 Metodología
Descripción
Sumario:O consumo de alcohol entre a mocidade constitúe un dos principais problemas de saúde pública, tanto en Galicia, como en España e en Europa, polo que se ten convertido nun dos eixos estratéxicos do traballo preventivo da última década. A pesares dos esforzos realizados, a día de hoxe seguen concorrendo unha serie de elementos que levan á preocupación: (1) dunha parte, a persistencia dun patrón de consumo intensivo ou en forma de atracón, coñecido na literatura como Binge Drinking -caracterizado pola inxesta de elevadas cantidades de alcohol en curtos períodos de tempo- e cuxos efectos nun cerebro adolescente en pleno proceso de maduración poden ser realmente devastadores; (2) doutra banda, a idade de inicio cada vez mais temperá do consumo de alcohol que, segundo os expertos, supón en moitos casos a porta de entrada ao consumo doutras sustancias; (3) a normalización e mesmo a “institucionalización” do consumo en espazos públicos, nomeadamente nos controvertidos botellóns, que veñen xerando non pouca controversia social, pero que compre seguramente “dimensionar” mellor en termos de saúde pública; e por último, (4) a incorporación progresiva das mozas ao consumo, que tal e como se constata no ESTUDES, superaron fai tempo aos mozos no caso do alcohol, o tabaco e os hipnosedantes, o que fai que o éxito da prevención pase pola adopción dun enfoque de xénero de maneira transversal. A realización dun traballo empírico cunha mostra de 3.419 adolescentes galegos de 12 a 18 anos, no marco dun proxecto de investigación financiado polo Plan Nacional sobre Drogas, materializouse entre outros froitos na publicación dos tres artigos que se recollen nesta tese de doutoramento. Cada un deles aborda un elemento “estratéxico” particular: o Binge Drinking, a Idade de Inicio e o Botellón. Aínda que se analizan en cada caso as diferencias entre mozas e mozos, queda pendente incorporar con propiedade a perspectiva de xénero. Agardamos, non obstante, que os resultados acadados poidan contribuír a minorar o problema ou, cando menos, a atopar mais e mellores solucións