Disolucións

A materia Química II proporcionará ao estudante do Grao de Nutrición Humana e Dietética os principios xerais das reaccións químicas e do equilibrio químico, así como mecanismos, tipos de reaccións e as súas aplicacións prácticas á análise volumétrico, especialmente desde a perspectiva dos equilibrio...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autores: Peña Crecente, Rosa María, Barciela García, Julia
Tipo de recurso: libro
Fecha de publicación:2013
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/10184
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/10184
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Química II
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Materias::Investigación::32 Ciencias médicas::3206 Ciencias de la nutrición::320699 Otras (especificar)
Materias::Investigación::32 Ciencias médicas::3299 otras especialidades medicas (especificar)
Descripción
Sumario:A materia Química II proporcionará ao estudante do Grao de Nutrición Humana e Dietética os principios xerais das reaccións químicas e do equilibrio químico, así como mecanismos, tipos de reaccións e as súas aplicacións prácticas á análise volumétrico, especialmente desde a perspectiva dos equilibrios en disolución que constitúen a base doutras metodoloxías de análise posteriores. A nivel xeral, é importante comprender o concepto de disolución xa que estamos cotianmente en contacto con disolucións: o leite, o vinagre, o aire, a auga do mar, etc; ter un modelo que nolas explique, permitiranos comprender o noso contorno, e predicir o seus comportamentos. Por outra banda, a nivel de titulación, debemos ter en conta que practicamente tódolos procesos biolóxicos teñen lugar en medio acuoso, polo que o estudo deste ítem será necesario para ter uns coñecementos básicos que lle permitirán unha maior compresión e asimilación doutras materias que forman parte do seu plan de estudos: Bioquímica, Bromatoloxía, Bioloxía, etc. Nesta unidade estudaranse as disolucións desde o punto de vista dun sistema material, facendo fincapé, para a súa identificación, en que son unha mestura homoxénea, cunhas propiedades particulares, e que se caracterizarán pola súa concentración. Ao formularse a interpretación das disolucións debemos centrarnos en explicar por que se producen e como se poden interpretar, buscando modelos e teorías que nos permitan ir máis alá do coñecemento de fenómenos perceptibles do proceso e nos xustifiquen o seu comportamento, polo que teremos que ter en conta cos sistemas materiais están constituídos por partículas, e que se producen interaccións entre estas partículas. Farase especial fincapé a como expresar a concentración das disolucións pois a experiencia indica que aínda que e un concepto traballado previamente, os alumnos chegan sen saber aplicalo correctamente, o que repercute na compresión e desenvolvemento posterior da materia.