A aldraxe proverbial da preguiza nas dúas versións españolas de The Way to Wealth de Benjamin Franklin

A admiración que destilou no seu tempo e durante o século XIX o bo sentido común das obras de Benjamin Franklin (1706-1790) plasmouse na tradución dos seus libros a un considerable número de linguas. The Way to Wealth (El camino de la fortuna o Cómo hacerse rico), publicado en 1758, contén máis de c...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Ugarte i Ballester, Xus
Tipo de recurso: artículo
Fecha de publicación:2012
País:España
Institución:UVic-UCC
Repositorio:RiUVic. Repositori institucional de la UVic-UCC
OAI Identifier:oai:dspace.uvic.cat:10854/2645
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10854/2645
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Traducció
Paremiologia
Franklin, Benjamin, 1706-1790
Descripción
Sumario:A admiración que destilou no seu tempo e durante o século XIX o bo sentido común das obras de Benjamin Franklin (1706-1790) plasmouse na tradución dos seus libros a un considerable número de linguas. The Way to Wealth (El camino de la fortuna o Cómo hacerse rico), publicado en 1758, contén máis de cen máximas que instan ao traballo honrado, á orde e ao aforro, condenando calquera sinal de preguiza ou desidia. O noso corpus nútrese dunha selección de trece aforismos que teñen relación precisamente con este vicio que condena á miseria, a preguiza. En cambio, o home de ben que aplique as virtudes contidas en The Way to Wealth, aconselladas a modo de refráns, verá, segundo o autor, prosperar esplendidamente a súa economía. Pretendemos analizar, dende os puntos de vista tradutolóxico e contrastivo, o corpus de dúas traducións españolas deste libriño de Franklin: unha anónima, publicada en Barcelona, en 1891; e a de Alberto Lena de 1999.