Do palco ó escenario. Unha aproximación analítica á industria da música nas festas populares de Galicia
O presente traballo constitúe unha primeira aproximación á industria da música nas festas populares de Galicia desde o eido universitario, unha tarefa de investigación pendente pois ata o de agora os estudos que se achegaron ó mundo das orquestras de baile e ás festas con verbena fixérono baseándose...
| Authors: | , , , , |
|---|---|
| Format: | book |
| Publication Date: | 2013 |
| Country: | España |
| Institution: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repository: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Language: | Galician |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/33773 |
| Online Access: | http://hdl.handle.net/10347/33773 |
| Access Level: | Open access |
| Keyword: | 580101 Medios audiovisuales 591002 Medios de comunicación de masas 620306 Música, musicología 531103 Estudios industriales 5101 Antropología cultural |
| Summary: | O presente traballo constitúe unha primeira aproximación á industria da música nas festas populares de Galicia desde o eido universitario, unha tarefa de investigación pendente pois ata o de agora os estudos que se achegaron ó mundo das orquestras de baile e ás festas con verbena fixérono baseándose unicamente en suposicións e estimacións de axentes actuantes no sector, dada a complexidade de obter datos como o número de actuacións das orquestras, a cifra de integrantes das mesmas ou a propia cantidade total de formacións musicais existentes con sede na comunidade. Do palco ó escenario constitúe o primeiro proxecto que intenta abordar a análise do sector baseándose en datos reais e achegando as visións do mesmo que teñen todas as diferentes partes involucradas: desde integrantes de comisións de festas ata artistas e representantes de empresas. Esta primeira análise realizouse sobre o ano 2010 e debido ás propias características do sector e ás circunstancias que se explican ó longo das páxinas sabemos que é un estudo introdutorio, polo que estimamos que debe ser considerada soamente como unha primeira aproximación á realidade das orquestras en Galicia. Entendemos que sería desexable ampliar e continuar estudando a evolución do sector nos anos 2011 e 2012 para poder amosar unha imaxe do mesmo moito máis fiable e plural. |
|---|